APROBADA A LEI DE ACCESIBILIDADE QUE IMPULSA UNHA SOCIEDADE MÁIS INCLUSIVA E ASPIRA Á AUSENCIA DE BARREIRAS FÍSICAS E DA COMUNICACIÓN

Avatar de VgomagazineVGO MAgazine

 O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a nova normativa, que foi impulsada pola Consellería de Traballo e Benestar co obxectivo de sentar as bases para acadar unha accesibilidade universal
 A Lei é máis global que a anterior e incorpora ámbitos que non estaban regulados no texto de 1997, como os referidos á sociedade da información, ás telecomunicacións e ao acceso aos bens e servizos das Administracións Públicas
 Entre outros aspectos, a porcentaxe de reserva de vivendas adaptadas na promoción pública pasará do 3 ao 4 por cento
 O número de prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida non se verá afectado polas políticas restritivas que se poidan levar a cabo para fomentar a mobilidade sostible
 Establece un réxime de sancións máis rigoroso para favorecer a igualdade de oportunidades
 Trátase dun texto que foi consensuado tanto na súa redacción inicial como no seu trámite…

Ver la entrada original 648 palabras más

¿Y tú qué opinas de esto?