– Lara Méndez destacou que “o da castaña é un sector que está en auxe e que ofrece moitas oportunidades xa que existe unha grande demanda tanto a nivel nacional como internacional”.
– A través deste plan, aproveitáronse 225 hectáreas nos Concellos de Taboada, Antas de Ulla, Monterroso, Guntín, Palas de Rei, Portomarín e Lugo
– Os propietarios destas fincas recibirán, a custe cero, o 33% dos beneficios das colleitas, que no momento de maior rendemento dos soutos, a partir dos 25 anos, superarán as 800 toneladas
A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e a Deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, acompañadas polo Alcalde de Monterroso, Antonio Gato Soengas, e o xerente de Alibós Galicia, Xesús Quintá, visitaron este martes as instalacións de dita empresa no Concello de Monterroso, para coñecer os resultados do Proxecto Soutos, plan promovido polo organismo provincial co que se recuperaron 225 hectáreas…
Ver la entrada original 514 palabras más