A Escola de Negocios da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) sitúase por sétimo ano consecutivo entre as 1000 mellores do mundo, segundo o informe anual de escolas de negocios que publica Eduniversal, a axencia internacional de rankings na área da Educación Superior. A institución académica de Afundación foi premiada con dúas palmas Eduniversal, o que a cataloga como unha «Good Business School». En España, só 22 institucións foron incluídas nesta clasificación mundial.
A Selección Oficial Eduniversal é froito dun traballo de investigación e evaluación de un comité científico internacional integrado por nove expertos independentes con ampla experiencia en el ámbito académico. O informe analiza un total de 13.000 institucións académicas de 154 países e elixe as 1000 mellores mercé á súa calidade formativa e a súa influencia internacional.