Feijóo afirma que esta norma busca regular a representación dun sector que cada vez ten un peso máis importante non só social senón tamén económico; persegue facilitar estas fórmulas como instrumento útil para mellorar a economía de Galicia; e, sobre todo, fomenta o carácter social destas entidades
O titular da Xunta destaca a posibilidade de que os mozos poidan crear cooperativas con capitais inferiores aos actuais: “O capital social mínimo será de 300 euros, cando ata agora o capital social mínimo era de 3.000 euros”, di
Santiago, 30 de outubro de 2014.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o inicio da tramitación da Lei de economía social que dará maior representación ás 7.000 entidades que existen en Galicia e potenciará as cooperativas xuvenís. “Unha norma –dixo- que busca regular a representación dun sector que cada vez ten un peso máis importante non só social…
Ver la entrada original 609 palabras más