CIG-SAÚDE COMPOSTELA
FALTA FORMACIÓN EN PREVENCIÓN DE RISCOS NO COMPLEXO HOSPITALARIO de SANTIAGO DE COMPOSTELA
Total incumprimento por parte da Xerencia do CHUS, na materia de FORMACIÓN EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS no complexo hospitalario de Santiago.
Imposibilitan aos traballadores, de calquer xeito, que acudan a unha formación dos cursos de PREVENCIÓN DE RISCOS que imparte CIG-Saúde, ante a total falta de formación, que como empresa teñen a obriga de impartir, e dentro da xornada laboral dos traballadores, como dí a lei.
Non contentos con iso, incumpren informes tratados no Comité de Seguridade e Saúde ( órgano máximo de representación de prevención de riscos e saúde laboral, no complexo hospitalario ) informes, como dicimos, feitos polo Servizo de Medicina Preventiva cunha condicións de seguridade para os traballadores mínimas, pero que a empresa incumpre sistemáticamente, o que demostra a total desprotección á que están sometidos os traballadores por parte desta Xerencia, en especial pola Dirección de RRHH e a Dirección de Enfermería, dándolles exactamente igual o que aconteza e como aconteza.
Despois alarmámonos polas cousas que pasan. A non formación moitas veces trae consecuencias non desexables, pero a saúde laboral dos traballadores e usuarios É UN DEREITO, non é un custe para a empresa