HUELGA DE HAMBRE
POR DESPIDOS
Comezan folga de fame indefinida en PSA-Citroën contra o despedimento de dous afiliados da CIG
Desde a CIG-Citroën explicaron que a empresa argumentou o despedimento dos dous traballadores en supostos incumprimentos en materia de seguridade, sen que se detectasen con posterioridade consecuencias derivadas nos vehículos fabricados.
Advirten, tamén, que os despedimentos efectuados aos dous afiliados da central nacionalista carecen de fundamento e “non teñen precedentes” na historia da factoría. De feito, e segundo a sección sindical, “nunca se tomou unha medida tan drástica sen existir sancións previas”.
Co ánimo de trasladar a solidariedade aos compañeiros en folga de fame e esixir a readmisión, mañá, mércores 2 de xullo, terán lugar concentracións ás entradas e saídas de quenda na porta principal de PSA-Citroën a partir das 13.15 horas.
