Polémica entre los partidos políticos gallegos por las brigadas contra incendios

viernes, 27 junio 2014, 13:39, por Bloque Nacionalista Galego (BNG)

 ¿XUNTA O AYUNTAMIENTO?

Tereixa Paz rexeita que os concellos asuman o modelo de brigadas municipais por ser responsabilidade da Xunta

A deputada indicou que sindicatos, propietarios forestais e  organización profesionais  amosaron a súa oposición ao modelo da Consellería de Medio Rural pola súa “ineficacia e ineficiencia”

Santiago de Compostela, 27 de xuño, 2014. Tereixa Paz reclamou hoxe, a través dunha Proposición non de lei, realizar un “exhaustivo” seguimento do proceso de contratacións, nos concellos,   para  as brigadas municipais de prevención e defensa contra os incendios.

Na súa intervención, a nacionalista alertou do  inicio do  período de “temporada alta” de aparición de incendios e lembrou que hai quince días xa se produciu un episodio que mesmo obrigou á consellería a prohibir todas as queimas.

A parlamentaria denuncio que a día de hoxe, non foi iniciado o despregamento  do dispositivo adicional de incendios forestais para a campaña 2014, e máis, engadiu, os compromisos asumidos pola titular da consellería, en sede parlamentar, sobre a reposición de efectivos  nas brigadas fixas descontinuas da Xunta, “prazas contempladas nas RPTs” e orzamentadas, aínda non se efectivizaron.

A nacionalista cualificou  de  “aberrante” que a Xunta non  transferira  a  partida para o mantemento dos  grupos de emerxencias supramunicipais, circunstancia que obriga  aos  concellos  a asumir a súa viabilidade. Por outra parte, salientou que  os alcaldes néganse a que estes grupos actúen fora do termino municipal.

Sobre a contratación de persoal, a parlamentaria do BNG asegurou que moitas das brigadas non contan con persoal suficientemente formado nin  en condicións adecuadas  para desenvolver o seu traballo polo que pediu cumprir a lei sobre nesta materia para respectar  “a capacidade, mérito e igualdade” na contratación.

“A Xunta deriva a responsabilidade aos concellos e estes, subcontratan con empresas”. O resultado na temporada pasada foi de “caos” e deuse mesmo o caso de producirse un incendio ao que no acudiu a  brigada  por estar “limpando o campo da festa” por orde do alcalde de turno, por certo, do Partido popular.

“Se a climatoloxía deixa de acompañarnos, o risco de incendios é moi alto” ao que temos que sumar a ausencia de operatividade dos dispositivos, concluíu.

A Proposición non de lei defendida por Tereixa Paz foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.

¿Y tú qué opinas de esto?