O BNG abandona o pleno a Cámara e pide a dimisión de Juarez ante a brutal carga da policía contra os mariñeiros do cerco

BRUTAL CARGA DE LA POLICÍA

CONTRA MARINEROS DE CERCO

O BNG abandona o pleno a  Cámara e pide a dimisión de Juarez ante a brutal carga da policía contra os mariñeiros do cerco

 cargapolicialsantiago1 cargapolicialsantiago2

  • Francisco Jorquera esixiu suspender o pleno para poder reunir a xunta de portavoces ante a violencia da policía  no exterior do Parlamento   

Santiago de Compostela, 11 de marzo, 2014. O grupo parlamentario do BNG abandonou o hemiciclo tras negarse o PP a suspender o pleno e celebrar unha Xunta de portavoces tras a brutal carga policial producida no exterior do Parlamento.

Francisco Jorquera, a través dunha cuestión de orden, denunciou a “desproporcionada e brutal carga da policía” contra os mariñeiros do cerco que coincidindo co debe parlamentario manifestábanse para reivindicar  outro reparto de cotas de  xurelo e xarda.

O grupo parlamentario do BNG ante a negativa do vicepresidente Miguel Santalices a convocar a xunta de portavoces decidiu abandonar o pleno e non participar nos debates ante a gravidade da situación. Jorquera pediu ao Parlamento galego a “dimisión do delegado do Goberno” e un pronunciamento contra a carga policial.

O abandono do grupo parlamentario do BNG  foi secundado, minutos máis tarde,  polos deputados de AGE e grupo Mixto, pola súa parte, o PSdeG permaneceu nas súas bancadas sen participar dos debates parlamentarios e sumándose posteriormente a petición do BNG para celebrar unha Xunta de portavoces urxente.

Mentres isto acontecía no hemiciclo, no interior do Parlamento varios representantes da flota do cerco iniciaron un encerro co fin de entrevistarse cun representante do Goberno tras reunirse cos portavoces parlamentarios.

Nos choques coa policía no exterior do parlamento galego foron agredidos varios deputad@s do grupo parlamentario do BNG  que se viron zarandeados e desprazados da zona a empurróns polos  antidisturbios, necesitando mesmo atención medica por un forte golpe nunha perna a deputada Montse Prado.

O deputado e portavoz de Pesca do BNG, Daniel Rodas mantivo diversos encontros cos armadores pechados no Parlamento galego  e cos mariñeiros no exterior aos que transmitiu o apoio do BNG para  un reparto lineal en función do número de tripulantes e  que o Goberno galego  acade unha urxente solución ao conflito.

¿Y tú qué opinas de esto?