Suspensión de actividades en el exterior de los centros educativos de Galicia

NUEVA EMBESTIDA

A COMISIÓN ESCOLAR DE ALERTAS DETERMINA A SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES NO EXTERIOR DOS CENTROS EDUCATIVOS DE GALICIA, AGÁS NO SUR DE LUGO, MONTAÑA E MIÑO DE OURENSE, ESTE VENRES 14

 

  • Espérase un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, por fortes rachas de vento, durante toda a xornada, que afectará aos centros galegos, agás aos situados no Sur de Lugo, Montaña e Miño de Ourense, onde o nivel de risco será amarelo

 

Santiago, 13 de febreiro de 2014.- A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por fortes rachas de vento- a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos de toda Galicia este venres 14 de febreiro, agás nos situados no Sur de Lugo, Montaña e Miño de Ourense, onde o nivel de risco será amarelo.

Aínda que non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar, a Comisión Escolar de Alertas recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas nas catro provincias galegas. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado inicialmente e pasase a unha declaración de nivel vermello, ou existisen circunstancias que o aconsellasen, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.

As zonas climáticas, definidas por Meteogalicia, poden consultarse no enlace web http://www.meteogalicia.es/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf .

 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s