Presentación de los Cadernos Ribadenses

cadernosribadenses

Este novo número dos Cadernos Ribadenses tenta ser unha mostra do querer literario da xente que vivimos neste curruncho ou que temos relación con el. Nel hai traballos de escritores e escritoras recoñecidos xunto con outros que teñen pouco publicado ou mesmo nunca o fixeran, e aos que animamos a darse a coñecer participando nesta publicación. Tamén fan a súa achega desde o mundo da ilustración e da fotografía persoas vinculadas dun ou doutro xeito a Ribadeo e que gozan xa de notoria experiencia no mundo da imaxe.

Con poemas ou relatos curtos colaboran Eva Moreda, Iván Reymóndez, Celia Castro, Tania Penabad, Alba López, Toni Deaño, Farruco Graña, Víctor Villar Caamaño, Paloma Díaz, Carmen Rodríguez, Arturo Mogo, Rosa Mª Saborido, Primi Nécega, Silvia Murias, Xosé Carlos Rodríguez Rañón, Pablo Villapol e Xabier Rodríguez Baixeras. Roberto Martínez (ilustración) e Javier Peña Monjardín, Belén Pérez Teijo, José Mª Álvarez e David Ribas Pena (fotografía) poñen imaxe a este Especial Letras de Ribadeo. A todas elas e eles querémoslles agradecer o seu esforzo por facer posíbel un novo número dos Cadernos Ribadenses.

Case todas estas colaboracións conteñen un pouco de Ribadeo, ben xeograficamente, ben socialmente, desde a praia das Augas Santas á Torre dos Moreno, desde Santa Cruz ao peirao… e tamén do resto do mundo, mais ou menos próximo, pero visto e interpretado por xente de aquí. Velaí a nosa achega para o 2014: que este novo número dos Cadernos Ribadenses sirva para dar pulo á nosa lingua e á nosa cultura. Desde Ribadeo, paso a paso, facendo camiño, mundo adiante, coñecendo e dándonos a coñecer.

A.C. Francisco Lanza.

Anuncio publicitario

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s