O Muralla RC xogará os seus derradeiros partidos do ano 2013 cos dous equipos senior do clube en acción. O sábado o equipo feminino recibirá na derradeira xornada da primeira fase da Liga a Ourense co obxectivo de seguir a mellorar diante dun equipo netamente superior. As lucenses debutantes na competición non coñecen a vitoria aínda, nunha liga cunhas desigualdades moi grandes cos primeiros equipos da clasificación con internacionais absolutas e equipos debutantes con xogadoras que levan un ano en contacto con este deporte. O partido terá lugar o sábado ás 16.30 horas no Gregorio Pérez Rivera.
O equipo masculino, líder invicto da Segunda División inicia a segunda volta da Liga en Ponferrada diante da súa besta negra da pasada tempada, Bierzo RC. Os bercianos en postos de playoffs intentarán dar a sorpresa e repetir o partido da tempada pasada na que derrotaron ao Muralla inesperadamente en semifinais. O encontra…
Ver la entrada original 28 palabras más
