Les deben cinco nóminas en Incalpesa y están en huelga indefinida

13-11-01 NOTA FOLGA INCALPESA  

viernes, 01 noviembre 2013, por    Confederación Intersindical Galega (CIG) a Coruña

  • Os traballadores de Incalpesa están en folga indefinida dende o 23 de outubro para esixir o cobro dos atrasos salariais
  •  
  • A empresa de Oleiros, que solicitou concurso voluntario de acredores, adebédalles cinco nóminas e as contías por incentivos dos últimos dous anos

A Coruña, a 1 de novembro de 2013

Os traballadores de Incalpesa (situada en Perillo) veñen de cumprir máis de unha semana en folga indefinida para esixir o pagamento inmediato dos salarios que a empresa lles adebeda dende hai cinco meses. Nos mellor dos casos, explican, a compañía debe máis de 7.000 euros, xa que ademais das mensualidades, Incalpesa tampouco lle abonou ao persoal a parte correspondente aos incentivos dende outubro de 2011.

Logo de cinco meses sen cobrar e diante da falta de explicacións por parte do empresario, os traballadores (neste momento quedan unhas dez persoas, pero chegaron a ser sobre 20 empregados), acordaron convocar folga indefinida dende o 23 de outubro para esixir o pagamento dos seus salarios. O delegado de persoal da CIG apunta que non existen causas produtivas que xustifiquen estes atrasos, xa que, mesmo no contexto de crise que sacude ás industrias do metal, á empresa non lle faltou carga de traballo en ningún momento.

De feito, explica, incluso agora en situación de concurso de acredores, a fábrica continúa tendo traballo por facer, mais o empresario négase garantir o pago das nóminas e a continuidade dos empregos.

No tocante ao concurso de acredores, os traballadores denuncian que tiveron coñecemento do mesmo pola súa publicación no BOP, pois o empresario non lles comunicou a pretensión de solicitalo. É mais, o 8 de outubro, cinco días despois de saír publicado, o empresario informou que ía hipotecar unhas propiedades para refinanciar a empresa, “e cal é a nosa sorpresa cando días máis tarde nos enteramos de que estamos en concurso”. Por iso, entenden que esta é outra manobra da empresa para non cumprir coas súas obrigas cos traballadores.

“A nós non se nos informou de nada. O único que fai a empresa é enganarnos. Venderon moita maquinaria e material novo e díxosenos que con eses cartos nos ían pagar parte dos salarios, pero non vimos nada”, critica o delegado de persoal. E engade que só lles pagaron “o 10% do atrasado, para acalar as nosas demandas e que seguiramos sacándolle o traballo para adiante”.

O persoal xa ten unha sentenza firme favorábel na que se recoñece parte da débeda económica. Porén, dende que saíu a resolución, en maio deste ano, seguiuse acumulando a débeda porque a empresa alargou a súa execución até que os traballadores se atoparon xa coa situación do concurso.

As circunstancias chegaron a tal punto que nove compañeiros decidiron marchar en agosto de este ano, “desesperados” ante as dificultades económicas derivadas de non cobrar os salarios. Pero dos acordos asinados entre estes traballadores e Incalpesa para o pagamento da débeda, a empresa nin sequera cumpriu o segundo prazo acordado.

O próximo martes os traballadores manterán unha reunión co administración concursal para seguir os pasos que se van dar e encaixar as súas demandas no proceso.  Ademais, para visibilizar a súa situación, os traballadores concéntranse todas as mañás ás portas da nave de Incalpesa en Perillo.

 CIG-Metal

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s