El comité de empresa de Albada acusa a la dirección de “amenazas y usar a los trabajadores como moneda de cambio”

viernes, 27 septiembre 2013, por                    Confederación Intersindical Galega (CIG) a Coruña

ALBADA EN CONFLICTO

O Comité de Albada reclama á empresa que diga con claridade se está disposta a resolver o conflito

A Coruña, a 27 de setembro de 2013

O Comité de Albada quere salientar a súa completa disposición á negociación e o nulo interese por dilatar a resolución do conflito, en contra do que asegura a empresa nos medios de comunicación. Que está fóra de toda dúbida o interese do Comité a as organizacións sindicais por atopar canto antes unha saída negociada demóstrao o feito de que se existe unha mediación aberta é grazas á iniciativa da parte social, que tivo que solicitala até en dúas ocasións porque a empresa se negaba a aceptar dita mediación.

En ningún momento o Comité declinou acudir ás reunións propostas pola mediadora e non é esta parte quen está continuamente torpedeando as xuntanzas con ameazas, mantendo unha postura inmobilista e levantándose da mesa caprichosamente. A este respecto cómpre lembrar que dende o pasado 7 de agosto a empresa ten enriba da mesa unha proposta de viabilidade presentada polo Comité, que nin sequera tivo a ben estudar.

Este plan incluía un Expediente de Regulación Temporal para o conxunto do persoal, que malamente pode ser considerado unhas vacacións pagadas, cando os traballadores/as están dispostos a asumir, a conta dos seus salarios, un aforro nos custes da planta de 350.000 euros, iso si, a cambio de garantir o emprego e a propia actividade de reciclaxe na planta.

Porén, a empresa semella non interesarlle nin o emprego nin que se garanta e prestación adecuada dun servizo polo que a cidadanía está a pagar, e a única vía que propón pasa por formular un ERTE a todas luces ilegal e fraudulento, pois presenta como causa unha circunstancia conxuntural –a non chegada de residuos do Consorcio-que a día de hoxe xa non existe, e aínda por riba, como premio, agora a planta de Nostián recibe a maiores o lixo do Concello de Sada.

Con este ERTE a empresa o único que demostra, unha vez máis, é a nula vontade negociadora e o pouco interese que ten en resolver o conflito con rapidez (non hai que esquecer que a primeira medida adoptada por Albada nas negociacións do convenio foi despedir a once traballadores/as para utilizalos como moeda de cambio).

A representación dos traballadores continúa apostando pola negociación e por iso  reclama a Albada que aclare de unha vez se quere resolver o conflito e se está disposta a someterse a arbitraxe ou se pola contra prefire torpedear o diálogo e prolongar esta situación para así seguir utilizando ao persoal e ao conxunto da cidadanía para presionar ao Concello da Coruña e ao Consorcio polo conflito económico que manteñen.

Unha vez máis, neste contexto, o Comité volve instar ao Concello da Coruña para que interveña de xeito activo na planta, rescinda o contrato e se faga coa xestión directa das instalacións. Rematando deste xeito coa chantaxe dunha empresa que nin sequera está a cumprir as condicións establecidas no prego da concesión.

Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s