A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca mobilizacións contra a LOMCE o xoves 31 de xaneiro

CONTRA A LOMCE

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca mobilizacións contra a LOMCE mañá xoves 31 de xaneiro

 

As concentracións realizaranse ás 19:30 horas de xeito paralelo nas sete cidades, Carballo, Lalín e O Barco de Valdeorras

 

Compostela, a 30 de xaneiro de 2013

 

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público ten convocada mobilizacións en todas as comarcas este xoves, 31 de xaneiro, en contra da aprobación da nova Lei de Mellora da Calidade Executiva (LOMCE). A Plataforma, integrada por membros de toda a comunidade educativa, fai un chamamento aos pais e nais, alumnado, profesorado e sociedade no seu conxunto para que participen nas concentracións convocadas de xeito simultáneo nas sete cidades ás 19:30 horas.

 

Lugares das concentracións:

 

  • A Coruña: Praza de Pontevedra
  • Ourense: Xefatura Territorial de     Educación
  • Lugo: Subdelegación do Goberno
  • Vigo: MARCO
  • Santiago de Compostela: Praza do     Toural
  • Pontevedra: Praza da Peregrina
  • O Barco de Valdeorras: Praza do     Concello
  • Ferrol: Edificio Administrativo da     Xunta
  • Carballo: Praza do Concello
  • Lalín: Praza do Aviador

 

A Plataforma tamén apoia a folga estudantil e a manifestación convocadas polos Comités e a Liga Estudantil para o 6 de Febreiro no ensino medio e universitario.

 

¿Y tú qué opinas de esto?