Denuncian el desmantelamiento del sector gallego de la cooperación y el desarrollo por parte de la Xunta

SIN COOPERACIÓN

DESMANTELAMENTO DO SECTOR GALEGO DA COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO

miércoles, 16 enero 2013, por Amarante

Dende AMARANTE Setem queremos mostrar o noso profundo malestar pola última decisión do actual goberno da Xunta de Galicia que sentou ás bases para o desmantelamento da cooperación ao desenvolvemento dende Galicia como un eixo de traballo dende o sector público e de  loita contra a pobreza global e do autogoberno en materia de cooperación exterior.

A redución do 38%  dos fondos previstos para o 2013 en materia de Cooperación ao desenvolvemento e a eliminación de todas ás subvencións ó sector por primeira vez en oito anos, fainos regresar á situación do 2002 cos anteriores gobernos do PP. Os orzamentos aprobados para este ano, de 4.143.379 euros, serán unicamente para cumprir cos compromisos e subvencións concedidas no 2012, e so se manterá unha pequena partida orzamentaria para emerxencia e axuda humanitaria.

Dende a chegada ó Goberno da Xunta de Galicia do Partido Popular o programa de Cooperación exterior ao desenvolvemento tense reducido nun 64%, o que representa unha perda total de 7,5 millóns de euros dende o 2009 (datos da Coordenadora Galega de ONGDS).

Clica aquí se queres ver o comunicado da coordenadora.

Entendemos que a redución paulatina dos orzamentos adicados a este sector, o paso de Dirección Xeral de Cooperación a Subdirección Xeral e agora a súa eliminación total de orzamento son pasos que van mais alá dunha cuestión de crise senón que van máis na liña dunha estratexia ideolóxica e política concreta.

A pesar de que dende a nosa organización sempre fomos críticos sobre o uso e os fins cos que se empregou dita área, sempre apostamos por un modelo público que respondese ó interese xeral da cidadanía galega. Dende o nacemento da nosa organización apostamos sempre por un modelo galego de solidariedade, de solidariedade co noso e co resto dos pobos como un xeito de cambio e transformación cara unha cidadanía máis solidaria na defensa da xustiza social.

A privatización do que ata hai ben pouco representaban importantes resortes de redistribución da riqueza a nivel rexional e mesmo a nivel internacional deixa ós sectores máis desfavorecidos do norte e do sur indefensos fronte os abusos dun poder económico brutal e dun poder político despótico.

As políticas estatais e autonómicas coa vaga de recortes socias, co impacto que estamos vendo na nosa sociedade, a privatización de sectores públicos tan básicos como a sanidade, e a educación, as caixas de aforro, ó acoso os movementos e organizacións socias, isto unido ó ataque ó galego e agora a práctica eliminación deste área evidencia que é algo máis que unha cuestión de crise e do pago obrigatorio dunha débeda que nos non creamos.

Polo tanto, son falsos os argumentos para os novos plans de axuste estrutural e os programas de austeridade controlados e dictados por organismos externos ó noso país, por intereses puramente económicos e de política neoliberal onde todo é mercantilizable.

E aínda que neste contexto poida que moitas organizacións desaparezan, e que esta situación tamén afectará á nosa organización, os principios cos que naceu esta organización están máis vixentes que nunca.

A solidariedade que aborde elementos estruturais.  A autonomía dos movementos sociais, a súa estrutura  independencia de pensamento e de acción, son unha garantía de cambio estrutural do sistema. E sobre todo a autoorganización da cidadanía. Os recentes acontecementos no mundo, e tamén particularmente en Galicia, teñen demostrado o papel clave da cidadanía en momentos de crise.

Por iso máis que nunca é o momento dese traballo en rede, de solidariedade e de converxencia desas loitas.

Nós non provocamos esta crise e nos non a imos a pagar!

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s