Movilizaciones en Inditex por el desbloqueo de los convenios del comercio, alimentación, textil y hostelería en varias ciudades gallegas

CONVENIOS COMERCIO

Foron convocadas en estabelecementos de Inditex, empresa con máis capacidade de presión no sector

Mobilizacións polo desbloqueo dos convenios de comercio vario, comercio alimentación, téxtil e hostalería en distintas cidades galegas

 

A CIG-Servizos, xunto con CCOO e UGT, vén de iniciar mobilizacións para presionar á patronal coa fin de desbloquear as negociacións dos convenios de comercio vario, comercio alimentación, téxtil e hostalería. O secretario nacional, Paulo Rubido, alerta de que a vixencia destes convenios remata en xullo e que, coa reforma laboral,  a partir de aí “van perder eficacia, poden perder a súa ultraactividade e, polo tanto desaparecer”. A consecuencia inmediata podería ser a perda dos dereitos salariais, laborais e sociais conseguidos nos últimos anos.

 

Rubido especifica que se non se corrixe e “non somos capaces de negocialos, un 30-40% da poboación asalariada galega pode ver reducidas as súas retribucións económicas a 641 euros mes e pasar a estar regulada polo Estatuto dos Traballadores, co cal quedarían unicamente coa lexislación básica e perderían todos os dereitos gañados nos últimos anos, como as prestacións de baixa, días de licenzas retribuídos por coidados de nais-pais… “.

 

O obxectivo das centrais sindicais, coas concentracións celebradas hoxe de forma simultánea nas distintas cidades do país, é chamar a atención sobre a grave situación que se aveciña, presionar ás patronais para que se desbloqueen as negociacións dos convenios –tanto do sector Servizos como do resto de sectores produtivos-e pór en evidencia que quen padece a crise é a clase traballadora, mentres as clase empresarial non. Neste sentido Rubido subliña que, de feito, Inditex tivo uns beneficios, no último ano, moi superiores a anos anteriores. “Estes non sofren a crise e, aínda por riba, vemos como nos reducen a nosa capacidade adquisitiva”.

 

Por iso tamén anuncia Rubido que a CIG vai apostar, como Confederación,  por corrixir esta situación e pór en marcha unha campaña que “entendemos que temos que levar até as últimas consecuencias, para impedir que a situación que se aveciña se faga realidade”. Unha campaña que xa anunciou que contempla a posibilidade de convocar folgas sectoriais, tratando de facelas coincidir en varios sectores a un tempo.

 

O secretario nacional de CIG-Servizos explica que, polo momento, se está centrando nos convenios de comercio vario, comercio alimentación e hostalería das catro provincias. Porén asegura que “desde unha central sindical de clase, os problemas corríxense como clase, non individual e sectorialmente”.

 

Deste xeito, fai un chamamento á clase traballadora galega para facer fronte común e a mentalizarse de que teñen que defender o seu convenio, pero tamén o do resto dos traballadores/as aínda que sexan doutros sectores. “Se se consegue presionar para que  se negocien antes de xullo de 2013 poderá evitarse esta situación, pero só quedan 7 meses, que pasan moi rápido”.

 

Nas distintas accións desenvolvidas hoxe, alén das concentracións que tiñan lugar no exterior dos estabelecementos de Inditex, un grupo de persoas, no interior, facían compras que inmediatamente devolvían, repetindo a operación unha e outra e outra vez. Unha forma de protesta coa que se pretende que esta multinacional, que é a de maior volume de negocio e, xa que logo de maior capacidade de influencia, presione á patronal para que efectivamente se desbloquee a negociación do convenio e se evite chegar ao mes de xullo sen acordos.

 

Compostela, 30 de novembro de 2012.

Confederación Intersindical Galega

—————————————

CURSOS ASTURGALICIA

 

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s