El BNG insta a Feijóo a «rescatar» el hospital de Vigo

HOSPITAL DE VIGO

O BNG  INSTA A FEIJOO A “RESCATAR” O HOSPITAL DE VIGO

  • A iniciativa nacionalista busca “o consenso” de profesionais e grupos parlamentarios para o financiamento  e xestión pública do centro sanitario

 

Santiago de Compostela, 24 de agosto, 2012. O BNG presenta no Parlamento galego unha Proposición non de lei pola que insta ao Presidente da Xunta a elaborar unha estratexia de “rescate para o financiamento público da obra e xestión do novo Hospital de Vigo”.

A iniciativa, asinada polos deputados/as, Ana Luísa Bouza, Carme Adán e Henrique Viéitez, reclama ao Goberno galego presentar de inmediato no Parlamento unha proposta de rescate ao fin de asumir “dende o consenso” o proxecto que a Área sanitaria de Vigo demanda.

Neste sentido, o BNG  considera que o Goberno de Núñez Feijoo debe actuar de maneira responsable e de consenso con profesionais e  grupos parlamentarios para acadar unha alternativa non gravosa nas  arcas públicas, o rescate da obra para o financiamento e xestión pública é “máis urxente que nunca” é a única garantía, defenden os autores da iniciativa para que o centro remate no tempo e nas condicións que a Área sanitaria de Vigo precisa,

Adán, Bouza e Viéitez salientan no texto que, o BNG alertou hai tempo do “fracaso do PFI” para o sistema público sanitario, fracaso, afirman   os nacionalistas, que agora recoñece a propia concesionaria polo que denuncian o incumprimento das “promesas e prazos” fixadas polo Presidente da Xunta e piden unha actuación urxente do Goberno galego.

 

¿Y tú qué opinas de esto?