Denuncian que hay una balsa minera conectada a la Red Natura en A Coruña

BALSA MINERA

Unha balsa mineira conectada á Rede          Natura para abastecer de auga á Coruña (e producir          quilovatios)

20 de agosto de 2012.      A Xunta ten a exposición pública o proxecto “Abastecimiento          del área metropolitana de A Coruña a partir del lago          artificial de la central de Meirama” (sic)      (PDF          119MB) co que pretende “reforzar a capacidade de      subministro” ante a demanda de auga da Coruña. Para iso, a Xunta      quere “pinchar” a balsa mineira de Meirama e conectala co río      Barcés, que desemboca no encoro de Cecebre mediante un túnel de      1,4 km. Isto é, conectar unha balsa mineira cun LIC da Rede Natura      através dun río usado como sumidoiro. Máis aló da peregrina      xustificación do proxecto (aforro e a eficiencia deberan ser      prioritarias fronte a novas captacións) resulta curioso que a      Xunta considere unha balsa mineira de augas ácidas pobres en      osíxeno como unha infraestrutura de subministro. E máis aínda que      para conectala ao río que pasa ao seu carón fagan un túnel de      1,4Km. A cuestión claréxase ao comprobarmos que o proxecto trae      tamén da man unha minicentral: mais non era que o Plano Hidrolóxico desbotaba      novos aproveitamentos hidroeléctricos nos nosos ríos?

Esta é a verdadeira razón de ser      deste delirante proxecto: producir quilovatios camuflando o      proxecto como unha infraestrutura de subministro. Se o que se      quere é usar a auga da balsa mineira como reservorio e desaugala      polo río Barcés, como é que non se conecta directamente ao río,      situado a poucos metros do mal chamado “lago” de Meirama? A opción      de construir un túnel de 1,4 kilómetros e 3,5m de diámetro resulta      técnicamente máis complicada e moito máis cara que facer un      desaugue directo. No entanto, se o que pretende é turbinar a auga,      non se pode facer a pé de encoro: Precísase unha significativa      diferenza de cotas entre a captación (balsa) e o punto de entrega      (central hidroeléctrica). Eis a razón do túnel, que actúa como      tubaría de presión para a minicentral.

Mesmo supoñendo que esta auga      pretenda ser usada para o subministro da Coruña, dende ADEGA      preguntámonos como é que a Xunta deixa de lado medidas de aforro e      eficiencia para reducir o consumo e aposta por novas captacións.      Sabido é que sen conter o desbaldimento, o incremento do      subministro ficará sobardado en pouco tempo e pronto haberá que      chuchar máis auga do medio: É unha fuxida cara adiante iracional e      insustentábel.

Mais o proxecto ten outras      importantes eivas en absoluto avaliadas pola Xunta:

1. A calidade das augas dunha balsa      mineira, que moi probabelmante teñan unha alta acidez e unha      importante cantidade de metais pesados (particularmente arsénico)      debido á natureza das rochas encaixantes (xistos cun alto contido      en sulfuros metálicos) ademais dun baixa concentración de osíxeno.      Este á a caracterización fisicoquímica típica dos efluentes de      labores mineiras como as de Meirama e As Pontes. En ningunha parte      deste proxecto (como tampouco para o enchido da balsa de As      Pontes) aparecen caracterizadas estas augas e cuantificado o      impacto de posíbeis verteduras ácidas ao río Barcés e ao LIC      Encoro de Abegondo-Cecebre, por non falar das inestabilidades        sísmicas derivadas de encher de auga bacías sobre fallas      activas.

2. Os impactos sobre a dinámica      hídrica dun río, o Barcés, e sobre un LIC da Rede Natura con      hábitats e especies protexidas. Non se pode pretender que as      bruscas oscilacións de caudal debido ao réxime de turbinado non      alteren a dinámica natural deste río e o que é máis grave, do      espazo protexido no que desauga. Millóns de metros cúbicos de      augas mineiras probablemente acidificadas e cunha alta carga de      metais pesados van ir parar a un humidal protexido, parte da Rede      Natura 2000. Nun exercicio case surrealista, a Xunta mesmo chega a      fixar para a captación de auga da balsa mineira un caudal      ecolóxico !!?

3. O incumprimento do Plano      Hidrolóxico que non permite novos aproveitamentos hidroeléctricos      nas bacías de Galiza-Costa (agás repotenciacións e      modernizacións). Por moito que para a Xunta o destino final desta      auga sexa o subministro da área metropolitana da Coruña, non pode      obviarse que as obras descritas responden exclusivamente a un      proxecto hidroeléctrico e non a unha captación, que en todo caso,      non requeriría dun túnel de 1,4km, cámada de carga, central      hidroeléctrica, liñas de evacuación… Dende ADEGA preguntámonos      tamén quen vai beneficiarse deste aproveitamento hidroeléctrico e      como é que se proxecta unha obra sen que haxa unha concesión      administrativa previa para a explotación dos quilovatios.      Agardemos que á Xunta non se lle ocorra “reactivar” a concesión      que para o río Barcés solicitou durante a era Fraga      “Hidroeléctrica del Arnoya”. Esta empresa e os seus propietarios (Iglevaz        e “Desarrollo Energético de Galicia”) foron obxecto de      numerosas concesións        hidroeléctricas e eólicas “a dedo” posteriormente investigadas        pola Fiscalía Anticorrupción.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s