Más de 700 personas se unen en Galicia por la defensa de los océanos para limpiar las playas

 LIMPIEZA DE PLAYAS

Máis de 700 persoas se unen pola defensa dos océanos

Este venres 8 de xuño Día Mundial dos Océanos máis de 30 entidades sumánronse á iniciativa Únete e limpa a túa praia! proposta  por ADEGA  no marco da programa “Playas, voluntariado y custodia del Territorio”. da Fundación Biodiversidad»

Dende Nigrán ate Ribadeo, grandes e pequenos saíron ás súas praias nunha xornada de limpeza simultáne que pretende concienciar á cidadanía da necesidade de reducir o consumo diario de plástico, reutilizar o máximo posible e reciclar.

Dende as 9 da mañá as limpezas fóronse desenvolvendo en todo o litoral galego. Houbo centros de ensino, escolas de surf, ONG ecoloxistas, asociacións culturais, asociacións de mulleres rurais e ata mergulladores. Todas e todos tiñan o mesmo fin, limpar a praia e crear conciencia. Foron milleiros de kilos os que se retiraron das praias a maioría de orixe plástico. Cordas de todo tipo, aparellos de pesca, caixas, botellas, tapóns, e outros tantos restos que rematan cada día no mar.

Alén da Limpeza nalgúns lugares a xornada tamén serviu para dar a coñecer a importancia e biodiversidade dos areais e dos ecosistemas dunares; fixéronse tarefas de identificación dun pequeno golfiño riscado (Stenella coeruleoalba), aparecido morto na praia de Queiruga, e localizáronse niños de pillara das dunas (Charadrius alexandrinus) que se sinalaron, para evitar o seu pisoteo, observáronse tamén os adultos  desta pequena, bulideira  e ameazada ave.

O plástico nos océanos afecta á flora e fauna mariña, nomeadamente para algunhas especies ameazadas como cetáceos, tartarugas ou aves mariñas, xa que inxiren plásticos confundíndoos con alimento. Tamén poden acabar enredados en bolsas, sacos ou redes que lles provocan graves lesións, dificultades para moverse e, finalmente, poden causar a súa morte. Outro dos problemas é que o plástico acaba desfacéndose en pequenos anacos que son inxeridos por peixes que poden rematar nos nosos pratos. Isto fai que os compoñentes tóxicos e perigosos dos plásticos pasen aos seres humanos, afectando directamente á nosa saúde.

Moito do plástico que se atopa nas praias e nos océanos do mundo chega alí despois de ser usado por calquera de nós. É por iso que debemos reducir o noso consumo de plástico para evitar que de un xeito ou outro remate nos océanos. Moitos dos envases que utilizamos cada día son innecesarios e prescindibles. É posible mercar os nosos produtos a granel, escoller os recipientes de vidro e retornables, rexeitar as bandexas de poliestileno, etc. pequenos xestos que axudan a que o noso planeta non sufra tanto.

ADEGA quere subliñar que as limpezas de praias no día dos océanos non debe ser un feito aillado, e convida a calquera persoa a recoller o lixo do noso litoral sempre que poida. A limpeza de praias debe facerse de xeito manual, respectando os ecosistemas dunares, e tendo especial coidado coa fauna e flora que nelas habita. Deste xeito poderemos reflexionar sobre a orixe dos nosos residuos e evitar que rematen nos estómagos de animais.

ADEGA editou para esta actividade un protocolo de actuación para unha limpeza de praias “ecolóxica” descargable en pdf na nosa web, ou que se pode recoller en papel no local.

Concello Praia Colectivo Nº de voluntarios Kg retirados
A Coruña Praia Canide OMA-UDC 12 250
Arteixo Praia de Alba Asoc. Cult. Monte da Estrela e   ADEGA Coruña 14 100
Barreiros Praia Area Longa ADEGA Mariña Colabora: Colectivo Cultural   Ollomao 9 400
Burela O Perdouro Colectivo Cultural Buril 3 200
Burela O Perdouro IES Perdouro 50
Camelle Praia de Camelle CEIP de camelle 30 300
Carnota Praia de Corna Becerra Raínha Lupa Plataforma pola defensa do   Patrimonio de QuilmasADEGA Costa da Morte 7 200
Ferrol Caranza ADEGA Ferrolterra 25 100
Fisterra Langosteira IES Fin do Camiño 43 150
Foz Praia os Alemáns Mariña Patrimonio, Pomba do   Arco, Karrikanta e Sensación Surf Escola. 12 200
Muxía Praia dos Muíños CEIP Os Muíños Adiada(50)
Muxía Praia O Lago Programa de voluntariado do   concello de Muxía 10
Nigrán Praia América CEMMA 38 200
Nigrán Praia de Patos Prado Surf Escola 32 60
Ortigueira Praia S. Antón de Espasante Asoc. cultural Bangalúas 25
Poio Praia de Lourido ADEGA Pontevedra 20 80
Porto do Son Praia de Queiruga ADEGA Nacional 10 200
Porto do son Praia dos Castros 6
Ribadeo Areal de Rinlo Asociación Rinlo Bai 5 200
San Xenxo Area de Agra C.E.I.P. Magaláns-Dorrón 60 100
Valdoviño Praia de Pantín Pantin Surf Camp 12
Vigo Marina Dávila Buceo Balea 8 60
Vilanova de Arousa O Terrón IES A Basella 150 390
Viveiro Praia de covas Espazo Agroecolóxico A EstrugaAsoc. Mulleres Rurais “Fraga   das Saímas”I.E.S Mª SarmientoI.E.S Vilar Ponte 100 150
Laxe Praia de Traba IES Maximino Romero de Lema 24 150
TOTAL 705 3490

¿Y tú qué opinas de esto?