La Xunta asegura que no hay ninguna fumigación del flufenoxurón autorizada pero no las descarta

POLÉMICA

FUMIGACIONES

A Xunta lembra que non hai ningunha fumigación autorizada e pide que non se alarme coa difusión de información falsa

Santiago, 10 de xuño de 2012.- A Consellería do Medio Rural e do Mar pide seriedade e rigor en relación coa información que se está a difundir á cidadanía sobre a aplicación do flufenoxurón para o tratamento de loita integrada contra o gorgullo do eucalipto.

A Xunta pide máxima tranquilidade aos galegos fronte ao tratamento inexacto, pouco rigoroso e esaxerado que se está a facer do tema de maneira interesada dende algúns grupos e que ao único que leva é a enganar e manipular á sociedade.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que nestes momentos non se ten levado a cabo ningunha fumigación aérea na que se aplicara este produto e que o único que hai nestes momentos é unha solicitude que se está estudando e avaliando para comprobar que cumpra con todas as esixencias que establece a lexislación vixente e con todos os requisitos impostos pola Xunta para que poida ser aplicado con todas as garantías. Cabe lembrar que a Xunta debe autorizar ou non o uso do flufenoxurón só cando sexa necesaria a súa aplicación a través dun medio aereo.

Para a súa utilización, a Xunta ten establecido unha serie de requisitos que protexen ao máximo o medio e aos cidadáns excluíndo os espazos protexidos e as zonas sensibles coma os cursos de auga, entre outros,  á hora de levar a cabo un tratamento cun produto que está autorizado expresamente na súa venta e aplicación dende fai anos polo Goberno do Estado.

Dende Medio Rural e Mar puntualízase que o flufenoxurón non é un produto neurotóxico (que provoca dano e toxicidade), senón un antiquitinizante (actúa sobre as larvas cando cambian de estado, impedindo o seu desenvolvemento).

¿Y tú qué opinas de esto?