Día da Terra 2012: manifestación en Lalín contra a incineración
DÍA DA TERRA
Este domingo 22 de abril, Día da Terra, o movenemto ecoloxista galego fai un chamado á cidadanía para expresar o seu rexeitamento (mentres sexa legal facelo) ás intencións da Xunta de seguir apostando pola incineración dos residuos e construir unha nova incineradora no sur de Galiza.
Malia aos cantos de serea da administración insinuando que desbotaba a ubicación do Irixo, o certo é que mentres a incineración siga sendo o sistema preferido polo PP para tratar os residuos galegos, ningunha comarca estará libre da ameaza das dioxinas.
Acode a Lalín este domingo 22 en defensa da túa terra e da túa saúde!
