Nota de prensa de ADEGA-Ferrolterra
________________________________
5 de abril de 2012.
Este pasado martes, atracou na planta de gas REGANOSA o buque gaseiro “Catalunya Spirit” con 135.000 m3 de gas natural licuado. Este gas procedente de Trinidade e Tobago, descarregouse na planta este mércores para ser volto a cargar de novamente hoxe no mesmo barco e con destino descoñecido.
O carregamento e descarregamento do gas natural son manobras que entrañan un alto risco.
No caso da planta de REGANOSA, situada no interior da Ría de Ferrol, os riscos son ainda maiores debido a dificultade que supón a navegación de estos grandes buques por unha estreita canle de entrada de 5km de lonxitude. Para estas operacións de entrada e atraque dos gaseiros precísase da axuda de 4 remolcadores e só se poden realizar en condicións optimas de visibilidade, que non sopren ventos de mais de 15 nos e coincidindo coa pleamar.
Resulta inexplicable que as autoridades permitan estas cargas e descargas que non aportan outra cosa que un risco gratuito para a veciñanza e un alto custo en cartos para o sistema gasista, que paganos todos e todas, e por riba repercutirá no encarecemento do gas.
Non sería máis doado, máis barato e máis seguro que o “Catalunya Spirit “ continuase rumbo a o porto destino sen ter que descarregar e volta a carregar os 130.000 m3 de gas.
Que se esconde detrás destes ilóxicos, caros e perigosos trafegos de gas?
Humberto Fidalgo, Directiva de ADEGA-Ferrol e representante no Comité Cidadán de Emerxencia da ría de Ferrol