Magos de Oriente
ADEGA RECUPERA O CANTAR OS REIS NA EIRA DA XOANA:
Mañá, mércores día 4, ADEGA celebrará durante todo o día unha xornada adicada á recuperación dunha tradición galega practicamente esquecida coma son as cantas dos Reis, no seu afán e compromiso permanente coa lingua e cultura galegas.
Na organización desta iniciativa destacan coma promotores os grupos: Buxaina da Ulloa e María Castaña de Lugo que, presentes dende a mañá no equipamento da Eira da Xoana, promoverán ensaios ao longo de toda a xornada para todas aquelas persoas que queiran participar no cantar os Reis que se realizará á tardiña dese mesmo día.
O PROGRAMA previsto para a xornada é o seguinte:
11.00 h => Encontro na Eira. Relizaremos algún traballo de urxencia (trasfega da sidra, etc) e teremos o ensaio de todos os que queiran participar na canta dos Reis que se realizará esa mesma tarde-noite.
14.00 h => Xantar de Convivio. Cadaquén deberá levar a súa comida para compartir. Como noutras ocasións a organización poñerá queixo, marmelo e café. Aportación solidaria 2 € soci@s e 3 € non soci@s.
16.00 h => Continuación dos ensaios antes de realizar o percorrido cos Cantos de Reis.
Máis información:
http://eiradaxoana.blogaliza.org/