EL AMANECER
DE LA ECOLOGÍA EN GALICIA
Tripulación que emprendeu a primeira viaxe á fosa atlántica a bordo do ‘Xurelo’. Pola esquerda: o mariñeiro Amador e Gallego. Na primeira fila Xurxo Lobato, esquerda, Vázquez Pozo, Ángel Vila, Manolo Rivas, Pérez Moreira, Paco García e Enrique Álvarez. Anicado, Xosé Castro, Manolo Méndez e Juan. Abaixo Xesús Naya e Cripián. Imaxe de Xosé Castro
ADEGA expresa o seu pesar polo pasamento de Anxo Vila, patrón do Xurelo
14 de decembro de 2011. Este pasado luns finou Anxo Vila o patrón do palangreiro «Xurelo» que en 1981 zarpou de Ribeira para deter as verteduras de residuos nucleares na foxa atlántica. Foi unha travesía épica que marcou o inicio dunha loita ecoloxista e cidadá que concluiría anos despois coa proibición de verter refugallos nucleares ao mar. O compromiso de Anxo foi un exemplo para todos e todas e contribuíu definitivamente ao espallamento do sentimento ecoloxista entre a cidadanía galega. Grazas Anxo, bo e xeneroso, e até outra singradura.
