Feijóo se reunirá con el nuevo ministro de Fomento del PP para blindar su compromiso con las infraestructuras gallegas

COMUNICADO DEL PPdeG

O presidente dos populares asegura que case oito anos de Goberno socialista deberían ter dado para moito máis que só 2 de cada 10 quilómetros estean en servizo e ningún en Galicia

Feijóo reunirase co novo ministro de Fomento para blindar un compromiso “de principio a fin” da lexislatura coas infraestruturas galegas

• Recorda que o Acordo do Obradoiro transcende as persoas e garante que blindará co futuro Goberno a súa vixencia e o resto das actuacións pendentes tralas eleccións do 20N

• Di que o do AVE galego non pode considerarse unha excepción, senón a fiel reprodución dunha política consciente e consentida polos que rexeron os destinos do noso país nos últimos oito anos

• Asegura que o balance da alta velocidade galega na última era socialista non é ningún mérito atribuíble ós que gobernaron España nas dúas últimas lexislaturas; senón a xusta esixencia dos galegos

Ourense, 7 de novembro de 2011.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, sinalou hoxe que se reunirá co novo ministro de Fomento nos cen primeiros días de Goberno para blindar un compromiso “de principio a fin” da lexislatura coas infraestruturas galegas.

Trátase, por tanto, de blindar a vixencia do Acordo do Obradoiro que consiste en facer en prazo e pagar en prazo a alta velocidade a Galicia. E para blindar o resto das infraestruturas polas que aínda agarda Galicia, especialmente as autovías pendentes e retrasadas tamén nas últimas lexislaturas.

Así se expresaba o líder do PPdeG no acto de presentación do cabeza de lista ao Congreso por Ourense, Celso Delgado, onde engadía que o Acordo do Obradoiro, lonxe dun regalo divino por cortesía de ningún dos seus asinantes, é a xusta esixencia expresada polos galegos a través dos seus votos. Dicir outra cousa é traizoar a memoria de todos os galegos, que saben que case oito anos de goberno deberían ter dado para moito máis que, no caso do AVE a Madrid só 2 de cada 10 quilómetros estean en servizo (ningún en Galicia) ou para que case o 40% do tramo galego non estea aínda nin sequera en contratación.

Do mesmo xeito, case oito anos de goberno deberían ter dado para moito máis que para que só o 36% do Eixo Atlántico estea operativo.

Como asegurou Feijóo, Galicia necesita un Goberno central que, a diferenza do Goberno socialista, se comprometa de principio a fin da lexislatura co AVE galego e co resto das infraestruturas pendentes na comunidade.

CELSO DELGADO E A ALTA VELOCIDADE GALEGA
O líder do PPdeG recordou cómo Celso Delgado logrou no ano 2004 que o AVE galego obtivese por primeira vez o favor unánime das forzas políticas nas Cortes e lembrou que o prazo fixado para a súa entrada en servizo, segundo recolle o diario de sesións, era o ano 2009. Celso Delgado é, por tanto, unha das mellores testemuñas de que o Goberno socialista, á vista está, non cumpriu aquel mandato parlamentario, nin tampouco os que virían despois.

Con respecto a isto, Feijóo sinalou as inútiles expectativas que se foron xerando nos anos seguintes –dúas lexislaturas consecutivas— respecto á alta velocidade. Os primeiros incumprimentos derivaron no retraso da data comprometida do 2009 ó 2010 e ó do 2010 ó 2012. Os seguintes agocháronse, negáronse, coa conivencia da anterior Xunta bipartita, durante varios anos. E mesmo intermitentemente, viuse aflorar certa inquina cara Galicia por parte das máis altas instancias do Ministerio de Fomento.

Segundo o dirixente popular, o do AVE galego non pode considerarse unha excepción, senón a fiel reprodución dunha política consciente e consentida polos que rexeron os destinos do noso país nos últimos oito anos.

Nesta liña, engadiu que, con carácter xeral, cada vez con máis intensidade, as frivolidades, as improvisacións, as medias verdades e mesmo as falsidades, fóronse convertendo, lamentablemente, no sinal de identidade do Goberno de España.

Así, Feijóo invitou a evitar a tentación de esquecer o noso pasado máis recente e animou a manter vivo o espírito da coral que clamou contra os reiterados enganos do Goberno socialista é o que nos vai permitir derrubalos de forma definitiva o próximo 20 de novembro, e darlle a todos os españois a alternativa política que precisan e que merecen.

Nesta liña, engadiu que, dende logo, como coordinador dos deputados galegos e como portavoz adxunto do Grupo Popular, Celso Delgado foi unha das voces reivindicativas máis significativas e escoitalo supón unha gran oportunidade para recordar que a xestión gobernamental dos últimos 8 anos é unha responsabilidade compartida por varias persoas.

Segundo relatou Feijóo, dende o seu escano no Congreso, Celso Delgado viu en primeira persoa que o inmobilismo económico, primeiro, e a mala xestión despois, foron liderados por Zapatero, avalados por todos e cada un dos seus membros do Goberno; e defendidos polo conxunto do PSOE. Con respecto a isto, apuntou que o socialismo español contará sempre co triste récord de ter ocupado os dous gobernos que nos legaron as dúas crises económicas da historia de España.

Así mesmo, Feijóo lembrou que dende o seu escano no Congreso, Celso Delgado tamén pode acreditar que o impulso á alta velocidade en Galicia se retomou coa firma do Acordo do Obradoiro aprobado trala vitoria electoral do PP en Galicia; pode acreditar que se respectou durante o primeiro ano; e pode acreditar que lamentablemente se volveu dilatar no segundo exercicio da súa aplicación.

Da mesma maneira, o líder do PPdeG indicou que Celso Delgado mellor ca ninguén sabe que o balance da alta velocidade galega na última era socialista non é ningún mérito atribuíble ós que gobernaron España nas dúas últimas lexislaturas; en todo caso a penitencia imposta pola maioría dos galegos nas pasadas eleccións autonómicas polas mentiras reiteradas durante anos.

Con respecto a isto, Feijóo prometeu que o PP fará e pagará o AVE galego e destacou que unha das cidades máis beneficiadas será Ourense; e abofé que serán moitos os cidadáns que, despois dunha longa espera, disfrutarán por fin dos beneficios dunha conexión que os andaluces teñen dende xa hai décadas.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s