Convocada una manifestación el 5 de junio contra el cultivo intensivo del salmón en la ría de Muros y Noia

 
Este 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, a Coordenadora en defensa da ría de Muros e Noia contra o cultivo intensivo de salmón nas súas augas, da que fai parte ADEGA e integrada por máis de 40 colectivos entre confrarías, organización de produtores/as, ecoloxistas, sindicatos, etc. convocamos unha manifestación en Muros baixo o lema “COAS NOSAS RÍAS NON SE XOGA”.
 
O percurso reivindicativo partirá ás 12h dende o porto de Muros e rematará nos muíños de maré do Pozo do Cachóncoa lectura dun Manifesto e cunha xornada de convivio e lecer. Facemos un chamado a todas as organizacións sociais sensibilizadas coa problemática do mar e do litoral para acudir a Muros este vindeiro domingo e reivindicar conxuntamente un futuro sustentábel para as nosas rías.Avanzo do manifesto:

“A instalación de gaiolas para o cultivo do salmón na ría de Muros e Noia representa outro episodio na confrontación entre dous modelos de obtención de alimentos. Por unha banda, o da pesca de baixura, o marisqueo e os cultivos mariños que aproveita os recursos propios e depende do bo estado das rías. Por outra, o modelo da acuicultura industrial intensiva que fabrica peixes en cadea e deixa graves danos nos ecosistemas acuáticos. […] Esiximos da administración a retirada dos proxectos de acuicultura intensiva do salmón nas rías e dos peixes planos no litoral. Demandamos o apoio decidido dun modelo extractivo sustentábel, baseado na pesca artesanal, no marisqueo e nos cultivos mariños de bivalvos, e centrado na conservación dos ecosistemas litorais.

Percorrido (Ligazón GOOGLE MAPS)

Recursos:

Cartaz en B/N PDF (192 Kb)Contactos:

ADEGA (Fins, secretario executivo: 661993406)
Confraría de Noia (Santiago, patrón maior: 615660904)
Confraría de Muros (Primitivo, presidente da asociación de naseiros: 615625658; Diego, vicepatrón maior: 635681184)
Confraría de Portosín (Eduardo, patrón maior: 647553529)
Confraría de porto do Son (Tomás, patrón maior: 616425651)
Verdegaia (Nacho, 607446536)
Máis información: local nacional (981 570099),  na nosa web: www.adega.info ou en Facebook
Anuncios

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s