Bembrive consigue ser el organizador de la fase de ascenso nacional en Tenis de Mesa

A Parroquia Viguesa vestiráse de Gala para recibir os mellores xogadores dos sete mellores equipos de tenis de mesa de España, e contará coa elite do Tenis de mesa con xogadores nacionais e internacional.

BEMBRIVE GAÑA A ORGANIZACIÓN DA FASE DE ASCENSO NACIONAL DE TENIS DE MESA.

• A organización desta final e gracias a colaboración e patrocinio da Entidade Local Menor, Xunta de Galicia, e por suposto ó gran traballo feito polo equipo de Tenis de Mesa Helios.

• O Helios T. M. xa conta no seu haber cun gran número de Victorias en diferentes campeonatos, así como xogadores situados no Top Ten Nacional.

Bembrive, 30 de Abril de 2011. – A mañá de onte foi á dunha xornada frenética e Histórica para a cidade de Vigo e para a parroquia de Bembrive, conseguindo a organización e celebración da Fase de Ascenso nacional de Tenis de Mesa nas terras desa parroquia ós proximos 21 e 22 de Maio.

Onte a Federación Nacional decidía cal ia a ser a localidade organizadora entre candidatas coma, Avilés, e mesmo San Sebastián.

O Delegado do equipo Helios Tenis de Mesa José Cabaleiro e o Alcalde Pedáneo de Bembrive uniron esforzos nunha tensa mañá, para conseguir que Bembrive sexa sede da Competición e deste xeito recoñecer tamén o gran traballo e contínuo esforzo do equipo de Tenis de Mesa de Bembribve.

Este feito dará un gran impulso económico á parroquia de Bembrive e a cidade en Xeral, xa que ó gran número de competidores chegados de toda a xeografía Española, precisarán de instalacións hoteleras, restauración, etc.

Dende o minuto seguinte de acadar a boa nova, a Entidade Local Menor de Bembrive, o Equipo Helios T.M, e toda a parroquia de Bembrive, pensan en organizar unha gran competición de altisimo nivel.

“é un acontecimento histórico para a nosa parroquia, e agora empeza un gran traballo para demostrar que Bembrive non ten nada que envexar a cidades coma San Sebastián no ámbito deportivo” dicía Benito Pérez ó Alcalde Pedáneo de Bembrive, visiblemente contento porque “Viuse recompensado ó esforzo de moitas persoas, sobre todo, xogadores e equipo técnico do Helios T.M”.

“Un dos momentos máis tenso da miña vida, pero tivo un resultado fructífero”, dicia José Cabaleiro o entrenador do equipo de Tenis de Mesa Helios de Bembrive, equipo que a pesar da súa corta Historia conta cun dos mellores palmarés a nivel autonómico e Nacional.

Sen dubida unha gran noticia para Bembrive e para a cidade de Vigo, e agora terán que responder os seus cidadáns e cidadás, acudindo nas dúas xornadas de competición de forma masiva para apoiar ós xogadores da nosa cidade.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s