COMUNICADO DEL PPdeG
Os populares farán todo o posible por aclarar desde a concesión das axudas ás asociacións pantasma vinculadas a UUAA ata a forma en que a Xunta tratou de aclarar o uso dado ás subvencións públicas
O PPdeG ofrece a súa maioría parlamentaria ao PSOE para investigar a trama agraria de principio a fin
- Miranda lembra que se trata dunha rede de 30 asociacións pantasma cuxo único obxectivo coñecido era recibir subvencións públicas que foron creadas por 44 cargos vinculados ao PSOE e que recibiron 1,8 millóns de euros en tempos do bipartito para pagar nóminas a traballadores que non sempre desempeñaban a labor que declaraban
Santiago de Compostela, 6 de abril de 2011.- O voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, afirmou hoxe que os populares galegos están dispostos a investigar a fondo a trama agraria, desde o principio ata o final, pero desconfía de que o PSOE teña intención de facer o mesmo.
Segundo o dirixente popular, as investigacións levadas a cabo desde o Goberno galego xa constataron actuacións cando menos dubidosas no que atinxe a este asunto: coincidencia entre as sedes das asociacións e un sindicato, rexistros da trama correlativos nas peticións das subvencións, empregados recontratados un ano tras outro, memorias de actividades duplicadas, etc.
Segundo o voceiro do PPdeG, as actuacións feitas desde o Goberno galego perseguían un fin adecuado e os populares seguen mantendo a mesma posición, xa que se trata dun caso que no seu día foi levado ao Parlamento e se comprobou que houbo unha presunta utilización ilícita de fondos públicos, en referencia ao caso da axente electoral, que foi o primeiro dos expedientes investigados e referidos á trama agraria e que confirmou a financiación ilegal do PSOE, que pagou con fondos públicos a nómina dunha persona para que lle fixera campaña nas municipais de 2007.
Como lembrou Miranda, a día de hoxe, mediante a vía xudicial aínda está dirimíndose o nivel de responsabilidades do PSOE nese asunto e, de feito, xa hai un alcalde socialista imputado.
Por iso, os populares manteñen que esa arquitectura estrenada co caso da axente electoral podería terse repetido en moitos outros casos e, por iso, queren seguir investigando a fondo. Xa está ese tema no xulgado para depurar as responsabilidades xudiciais que puidera haber, pero ante a inquedanza amosada polo PSOE respecto ás responsabilidades políticas, a causa pode ser investigada nesta vertente, no Parlamento de Galicia.
Así mesmo, Miranda lembrou que foi o PSOE o que fai case un mes iba presentar unha comisión de investigación no Parlamento con respecto a este asunto e aínda non o fixo. Con respecto a isto, o dirixente popular apuntou que agora o PPdeG estálle dando a posibilidade de axudalos ao rexistrar unha petición no Parlamento para que se investigue. Segundo apuntou, se o PSOE tamén o fai, os populares están dispostos a facilitar coa súa maioría parlamentaria que se poida seguir indagando.
Miranda recordou tamén que o asunto a investigar trátase dunha rede de 30 asociacións pantasma cuxo único obxectivo coñecido era recibir subvencións públicas que foron creadas por 44 cargos vinculados ao PSOE e que recibiron 1,8 millóns de euros en tempos do bipartito para pagar nóminas a traballadores que non sempre desempeñaban a labor que declaraban.
O PPdeG lembra que os cartos das axudas a estas asociacións duraban na conta das mesmas 24 horas xusto antes de que esas se desviaran rumbo a unha conta centralizada de Unións Agrarias, e deses vínculos o sindicato nunca informou á Xunta.
Por outra banda, o feito de que o PSOE anuncie comisións de investigación en roldas de prensa que logo non teñen reflexo no rexistro do Parlamento demostra que iban de farol e que non queren investigar un asunto no que non teñen nada que gañar e si moito que perder.
Segundo Miranda, os populares galegos xa moveron ficha, e agora queda que o faga o PSOE. Se efectivamente non rexistran a súa petición, o que está claro é que a eles non lles interesa investigar e deberán explicar por qué.