‘FINISTERRAE’, A PELÍCULA DO FESTIVAL SÓNAR 2010, ACADA O MÁXIMO GALARDÓN NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE ROTTERDAM
‘Finisterrae’ foi a imaxe deste certame de música electrónica, que se celebrou o ano pasado de forma simultánea en Barcelona e A Coruña, enmarcado na programación deseñada para Xacobeo 2010.
Sónar volve en 2011 a Galicia para consolidar a súa segunda sede na cidade herculina trala exitosa primeira experiencia do ano pasado.
Santiago, 5 de febreiro de 2011.- O Festival Internacional de Cine de Rotterdam acaba de conceder o premio Tiger, o máximo galardón deste certame, a Finisterrae, a película do festival Sónar 2010 dirixida por Serxio Caballero. Finisterrae foi a imaxe deste certame, que se celebrou o ano pasado de forma simultánea en Barcelona e A Coruña, enmarcado na programación deseñada para Xacobeo 2010. O director do filme ideou para esa ocasión unha fábula insólita protagonizada por dúas pantasmas que fan un particular Camiño de Santiago para chegar ata Finisterrae e desfacerse da súa condición eterna.
Esta película, que recibiu o galardón na noite do venres e que é unha una produción de Advanced Music/Sonar Festival e Eddie Saeta en colaboración con Xacobeo 2010, foi o debut como director cinematográfico de Sergio Caballero. Caballero é tamén co-director do Festival Internacional de Música Avanzada e Arte Multimedia, Sónar, e responsable cada ano da imaxe que crea o evento para desenvolver as súas campañas.
A concepción do filme Finisterrae e insólita, cunha base que parte, en primeiro lugar, da rodaxe e da obtención das imaxes para elaborar despois o guión e, finalmente, añadir os diálogos. O resultado é un cine singular e enigmático, cheo dunha atmosfera moi particular e de imaxes dun sentido do humor irónico e surrealista.
Finisterrae narra a historia de dúas pantasmas que deciden realizar o Camiño de Santiago ata a fin do mundo para, unha vez nese punto, empezar unha etapa terreal e efímera no mundo dos vivos. Trátase dun percorrido instrospectivo polos territorios inhóspitos nos que os protagonistas se atopan con seres extraños e insólitas personaxes. Deben sortear situacións inesperadas, lidiar coas súas propias tensións e debatir coas dúbidas da súa condición fantasmal.
O xurado dos premios Tiger do Festival Internacional de Cine de Rotterdam definiu a este filme como “a película que reconfigurou os límites do certame, arriscada e orixinal. As mellores interpretacións de animais nunha película. As pantasmas deste certame”. Xunto a Finisterrae, o festival premiou a dúas películas asiáticas, tamén de directores novos: The Journals of Musan de Park Jung-Bum (Corea do Sur) e Eternity de Sivaroj Kongsakul (Thailand)
Sónar 2011
Sónar, o Festival Internacional de Música Avanzada e Arte Multimedia, celebrará este ano a súa 18º edición en Barcelona e A Coruña os días 16, 17 e 18 de xuño coa presenza de Underworld, Magnetic Man, Steve Reich + bcn216 + Synergy Vocals, Salem, A-Trak, Atmosphere, Hype Williams, Little Dragon, Tyondai Braxton e Mary Anne Hobbs, entre outros moitos artistas que se anunciarán nas próximas semanas.
O festival, que se celebrará de forma simultánea ao de Barcelona, volve en 2011 a Galicia para consolidar a súa segunda sede en A Coruña trala exitosa primeira experiencia deste ano de desdobrar o festival en dúas cidades distintas nun mesmo fin de semana.
Coa aposta pola consolidación de Sónar Galicia como sede estable do reputado festival internacional, tanto a Consellería de Cultura e Turismo como a dirección do festival reafirman o compromiso de continuidade deste evento, expresado trala celebración da primeira edición o pasado mes de xuño. A vocación deste festival é situar a Galicia como epicentro da vangarda electrónica e estender o legado de Xacobeo 2010 máis alá do final dese ano.
La pagina de tu Blog se ha actualizado…
[..]Articulo Indexado Correctamente en la Blogosfera de Sysmaya[..]…
Me gustaMe gusta