La Xunta reforzará la estructura del nuevo edificio judicial de Santiago

La Xunta reforzará la estructura del nuevo edificio judicial de Santiago para que en un futuro pueda ampliarse y acoger más juzgados.
La Consellería de Presidencia está invirtiendo 3 millones de euros en la construcción de este nuevo edificio, que se hallará listo a principios de 2012.

A XUNTA REFORZARÁ A ESTRUTURA DO NOVO EDIFICIO XUDICIAL DE SANTIAGO PARA QUE NUN FUTURO POIDA AMPLIARSE EN ALTURA E ALBERGAR MÁIS XULGADOS

 A medida permitirá que a infraestrutura poida soportar ata dúas plantas máis para solucionar os habituais problemas de espazo nas dotacións xudiciais
 Presidencia inviste 3 millóns de euros na construción deste novo edificio, que estará rematado a comezos de 2012 e permitirá albergar seis órganos xudiciais

Santiago, 22 de xaneiro de 2011.- A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza reforzará a estrutura do novo edificio xudicial de Santiago permitindo que nun futuro este inmoble estea preparado para unha posible crecida en altura. Esta medida, absolutamente previsora, suporá un investimento duns 33.000 euros, a penas un 1% do custe total do proxecto, que está valorado en máis de 3 millóns de euros.

O pasado 10 de decembro o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, visitaron as obras de construción deste novo edificio xudicial da cidade, que leva a cabo a Xunta de Galicia nuns terreos cedidos polo Concello de Santiago. Alí estimouse a posibilidade de asegurar o edificio para que puidera soportar ata dúas plantas máis nun futuro e así evitar as habituais carencias de espazo xudicial que se dan nas grandes cidades galegas.

As obras, iniciadas o pasado mes, contan cun prazo de execución de 15 meses e, polo tanto, rematarán no primeiro semestre de 2012, polo que a posta en marcha da infraestrutura se adiantará respecto ás primeiras estimacións, que apuntaban a finais de 2012 para que estivese en funcionamento.

A Xunta investirá máis de 3 millóns de euros na execución deste edificio xudicial, que forma parte do Plan de Infraestruturas Xudiciais, un ambicioso programa do Goberno galego que recolle un orzamento de case 100 millóns de euros en seis anos para solucionar os problemas de espazo nas dotacións xudiciais galegas para os vindeiros vinte anos.

No caso de Santiago de Compostela, o novo edificio xudicial estará situado na zona de Fontiñas, moi próximo ao actual, ao que vén a complementar. Contará con 2.000 metros cadrados de superficie útil repartidas entre soto, planta baixa e tres andares, nos que se colocarán os tres xulgados do social e os dous do contencioso- administrativo, deixando espazo dispoñible no futuro para instalar outro órgano xudicial a maiores.

¿Y tú qué opinas de esto?