El PP gallego denuncia el dinero gastado en una presunta campaña de espionaje del PSOE

O Partido Popular de Galicia cuestiona cánto diñeiro de todos os galegos gastou o PSOE en investigar ao BNG na Xunta e se segue facéndoo nos concellos e deputacións

 

Miranda declara que “sabemos que grababan a altos cargos, que vixiaban a xefes de prensa. ¿Qué máis facían cos cartos de todos?”

 

  • Lembra cómo esta fin de semana se coñecía que a Consellería de Economía do bipartito encargara un informe a unha consultora externa para que analizase a labor dos xefes de prensa da Xunta

 

  • Apunta que o PPdeG non coñece ese informe en profundidade e, por iso, pedirá por rexistro ese documento ao Goberno galego para poder determinar o alcance da investigación realizada

 

  • Para Miranda non é sorprendente a manipulación dos medios públicos e a capacidade de influencia do PSOE e BNG sobre a RTVG na anterior lexislatura que se desprende do informe

 

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 2011.- O voceiro do PPdeG, Antonio Rodríguez Miranda, expresou esta mañá as súas dúbidas acerca do caso de espionaxe do PSOE ao BNG e declaraba que “sabemos que grababan a altos cargos, que vixiaban a xefes de prensa. ¿Qué máis facían cos cartos de todos?”

 

Para o dirixente popular, é importante, polo tanto, que se saiba qué máis facían cos fondos públicos para controlar a traballadores e a partidos políticos e tamén se ditas prácticas se están repetindo nos concellos e nas deputacións. Ademais, preguntouse tamén se o PSOE podería dicir cánto diñeiro público gastou de forma irregular para espiar ao PPdeG e ao BNG.

 

Miranda lembrou cómo esta fin de semana se coñecía que a Consellería de Economía do Goberno bipartito encargara un informe a unha consultora externa para que analizase a labor dos xefes de prensa da Xunta. Trátase dun informe no que se valora a cada responsable de Comunicación de forma detallada, ofensiva, ao parecer, nalgúns casos, e no que se comenta o pasado, presente e futuro de determinados traballadores do anterior Goberno.

 

Segundo apuntou o voceiro do PPdeG, os populares non coñecen ese informe en profundidade e, por iso, anunciou que pedirán por rexistro ese documento ao Goberno galego para poder determinar o alcance da investigación realizada. O que si se sabe, como engadiu Miranda, é que o PSOE pagou con diñeiro de todos os galegos a elaboración dun dossier sobre traballadores da Xunta e, por iso, é importante saber se se tratou dun feito aillado ou se o de espiar ao BNG con fondos públicos foi a tónica de toda a lexislatura.

 

Como asegurou o dirixente popular, estáse a falar dun Goberno que grababa aos seus propios dirixentes e que tiña informes de Intelixencia pouco inteligentes sobre persoal dos distintos gabinetes do Executivo anterior.

 

Por outra banda, para Miranda non é sorprendente a manipulación dos medios públicos e a capacidade de influencia do PSOE e BNG sobre a RTVG na anterior lexislatura que se desprende do informe.

 

Non obstante, máis alá deste tema, o importante é saber, segundo insistiu o dirixente popular, se as fundacións que dependían do bipartito se convertiron en centros de espionaxe a cargos do Goberno anterior, canto se gastou nesas cuestións e se dita forma de actuar se trasladou a deputacións e concellos.

 

Con respecto a isto, Miranda confía en que, se ben onte o PSOE se negou a valorar esta información, non pasen os días sen aclarar nada deste tema porque ou o aclaran os socialistas ou o farán os populares.

 

Nesta liña, o dirixente popular lanzoulle ao BNG unha recomendación de prudencia e de vixiar mellor as súas compañías.

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s