Todas as cidades galegas superan os valores límite de contaminación por óxidos de nitróxeno
Compostela, 15 de decembro de 2010.
Segundo os datos compilados por Ramón Varela, ex-presidente de la asociación ecologista, gallega ADEGA e un dos maiores expertos en contaminación de Galiza, a concentración de óxidos de nitróxeno (NOx) no ar das principais cidades galegas superou este ano os límites legais (220 ug/m3 e hora).
Todas as áreas urbanas estiveron nalgún momento por riba dos valores máximos recomendados. Particularmente graves son os casos de Ourense, Compostela, Vigo, Ferol e Pontevedra, cidades nas que ademáis estes valores máximos superáronse máis veces das legalmente permitidas (18). Estes compostos, altamente tóxicos para a saúde e nocivos para o ambiente, proveñen fundamentalmente dos motores de combustión (tráfico) e da queima de combustíbeis fóseis (térmicas).
Galiza conta cunha das redes públicas máis cativas de todo o estado para o control da contaminación atmosférica, con só 9 estacións fronte ás 72 de Euskadi, as 68 de Catalunya ou as 23 de Madrid. Estes compostos, especialmente o NO e o NO2 son altamente tóxicos para a saúde e poden causar danos pulmonares graves. No ambiente, actúan redutores de pH e defoliantes, formando parte da chuvia ácida.
A contaminación atmosférica por NOx pode estenderse a zonas moi alonxadas dos centros de produción (principalmente fábricas e cidades) causando a acidificación do solo e contribuindo ao incremento do ozono troposférico.
Para reducir esta perigosa contaminación compriría unha actuación decididas das administracións, nomeadamente a Xunta, que dispón de amplas competencias. Precísase controlar as emisións das industrias na periferia das cidades: FINSA en Compostela, ENCE en Pontevedra, REPSOL na Coruña, OREMBER en Ourense, MEGASA en Ferrol…; as emisións das calefaccións das institucións, grandes instalacións e comunidades e, sobre todo, das emisións provintes do tráfico que nos últimos anos teñen aumentado espectacularmente en Galiza.
Por parte da Xunta séguese a apostar por un modelo de transporte baseado no automóbil privado (Plano MOVE, subvencións á merca de coches…) en detrimento do tren, do transporte público e da mobilidade sustentábel. As consecuencias destas políticas, como estamos a ver cos óxidos de N, afectan tamén á saúde, ao ambiente e á fertilidade dos ecosistemas.
[…] Actualizados : Todas las ciudades gallegas superan los límites tolerados de contaminación por óxidos… Fallece Fernández del Riego, uno de los grandes impulsores de la cultura y literatura gallegas […]
Me gustaMe gusta
[…] Autor:https://asturgalicia.wordpress.com/2010/12/15/todas-las-ciudades-gallegas-superan-los-limites-tolerad… […]
Me gustaMe gusta