CONVOCADAS AS SUBVENCIÓNS DE 2011 DE VARIOS PROGRAMAS EN FAVOR DAS ENTIDADES GALEGAS NO EXTERIOR, POR VALOR DE 900.000 €
Convocadas por valor de 900.000 euros las subvenciones para 2011 de varios programas en favor de las entidades gallegas en el exterior. Emigración ayuda así a los gastos socioasistenciales, culturales, formativos, informativos, de funcionamiento, y juveniles de los centros de gallego en la diáspora
- Emigración subvenciona así os gastos socioasistenciais, culturais, formativos, informativos, de funcionamento, e xuvenís dos centros de galegos na diáspora
Santiago, 10 de decembro de 2010.- O Diario Oficial de Galicia publica na súa edición de onte xoves a resolución pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes a programas de actuación en favor das comunidades galegas no exterior para o vindeiro ano 2011.
A disposición do DOG contempla un prazo de presentación de solicitudes de 45 días naturais a partir do día seguinte á súa publicación, polo que os peticionarios deben presentar a documentación ata o 24 de xaneiro de 2011, inclusive. Para a concesión das axudas previstas na disposición destínanse 900.000 euros, de fondos da Comunidade Autónoma.
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade conforme ao disposto na Lei de recoñecemento da galeguidade, ou ben a súa condición de centro colaborador, mediante resolución aprobatoria da Secretaría Xeral da Emigración, así como as institucións e asociacións sen fins de lucro radicadas no exterior, legalmente constituídas, que acrediten que estean inscritas no rexistro de comunidades galegas da Secretaría Xeral da Emigración.
340.000 € para cultura e formación
As subvencións das que hoxe se publican as bases repártense en cinco liñas distintas. A primeira delas, ditada con 101.000 euros, é o programa de axudas ás entidades galegas para a prestación de servizos socioasistenciais en favor das persoas de orixe galega residentes no exterior, e tamén os seus descendentes. Trátase dun piar tradicional e fundamental na actuación da Xunta de Galicia a favor dos galegos na diáspora.
O segundo programa, cuxo orzamento acada os 340.000 euros (é o que conta con maior dotación nesta disposición), refírese ás axudas para promover a realización de proxectos culturais, formativos e actividades asociativas das entidades beneficiarias. A terceira liña, que nesta ocasión conta cun orzamento de 110.000 euros, é o programa de axudas para a edición de publicacións e outras accións informativas das entidades galegas no exterior.
A cuarta liña, de 250.000 €, son as axudas para o financiamento dos gastos de funcionamento das entidades beneficiarias. E finalmente 99.000 € destínanse ao quinto programa, consistente en axudas para realización de proxectos promovidos pola xuventude.
Criterios de valoración
A disposición establece os requisitos e documentación necesarios para acadar algunha das axudas da Xunta para este ano 2011 en cada unha das liñas subvencionadas, así como os criterios de valoración e baremo que se establecen para cada programa. De maneira xenérica, o DOG tamén define o procedemento de tramitación, concesión, instrución, reformulación de solicitudes, resolución, xustificación, obrigas e pagamento, así como o réxime de sancións por incumprimento.
A resolución hoxe publicada é unha mostra máis da aposta do Goberno galego por apoiar e dar pulo, na medida do posible neste contexto de fonda crise económica, a un sector da poboación ao que se debe por xustiza histórica especial atención, coa fin de manter vivos os lazos da diáspora coa súa terra natal.
La pagina de tu Blog se ha actualizado…
[..]Articulo Indexado Correctamente en la Blogosfera de Sysmaya[..]…
Me gustaMe gusta
[…] Autor:https://asturgalicia.wordpress.com/2010/12/10/las-subvenciones-a-las-entidades-gallegas-en-el-exterio… 2011, 900.000, ascienden, entidades, euros, exterior, gallegas, PARA, Subvenciones […]
Me gustaMe gusta