La campaña de vacunación se amplía en Galicia hasta el 3 de diciembre

A CAMPAÑA DE VACINACIÓN ANTIGRIPAL E ANTIPNEUMOCÓCICA AMPLÍASE ATA O 3 DE DECEMBRO

 La campaña de vacunación antigripal y antipneumocócica se amplía hasta el 3 de diciembre. Galicia se suma así a la iniciativa de otras comunidades autónomas en respuesta a la bonanza climatológica en la que transcurrió la mayor parte de la campaña y a la escasa actividad gripal detectada hasta ahora. La vacunación está indicada para mayores de 60 años y aquellas con enfermedades crónicas. La región cuenta con mil puntos totales de vacunación.

  • Galicia súmase así á iniciativa doutras CCAA atendendo á bonanza climatolóxica na que transcorreu a maior parte da campaña e á escasa actividade gripal detectada ata de agora
  • A vacinación está indicada para todas as persoas de 60 ou máis anos de idade e aquelas con enfermidades crónicas
  • Galicia conta con arredor de 1.000 puntos totais de vacinación

 

Santiago, 15 de novembro de 2010.- Galicia súmase á iniciativa doutras Comunidades Autónomas de ampliar a campaña de vacinación contra a gripe e o pneumococo atendendo á bonanza climatolóxica na que transcorreu a maior parte da campaña, o que puido provocar un retraso na poboación á hora de acudir a vacinarse; e, doutra banda, na escasa actividade gripal detectada ata de agora.

 Polo tanto, a campaña, que tiña previsto rematar o 12 de novembro, amplíase ata o vindeiro 3 de decembro. Esta decisión posibilitará á vacinación das persoas nas que está recomendada e que aínda non acudiron para que se lles administrara.

 A vacinación fronte á gripe está indicada para todas as persoas de 60 ou máis anos de idade. Tamén se recomenda á poboación menor desa idade que padeza, entre outras, enfermidades pulmonares, cardiovasculares e metabólicas crónicas, que deben vacinarse para evitar complicacións dos seus procesos; así como para o persoal sanitario, os traballadores de institucións con enfermos crónicos, ou os convivintes de persoas de grupos de risco, para evitar que a transmitan ás persoas de alto risco ao seu coidado.

 A vía de administración desta vacina é intramuscular, é moi segura e as reaccións que pode producir adoitan ser lixeiras e pasaxeiras.

 1.000 puntos de vacinación

Galicia conta con arredor de 1.000 puntos totais de vacinación, entre os que  se atopan centros de saúde e consultorios; centros hospitalarios públicos; os hospitais, centros médicos e consultas médicas privados; residencias e centros para a terceira idade de titularidade pública ou privada; unidades asistenciais de drogodependencias; centros penitenciarios; e centros de atención a discapacitados.

 Os interesados en vacinarse deben poñerse en contacto co seu centro de vacinación onde lle informarán de cómo e onde solicitar a cita. Así, as persoas con 60 ou máis anos, así como aquelas que sufran enfermidades crónicas, deben acudir ao seu médico de cabeceira ou centro de saúde onde serán informados das vacinas que deben recibir.

 A campaña conta este ano con dúas importantes novidades: a ampliación en cinco anos da poboación diana (que pasa dos 65 anos aos 60) e a vacinación nas persoas de 75 ou máis anos cunha vacina adxuvada, que ten un maior poder inmunóxeno e, polo tanto, unha eficacia máis alta. O seu principal obxectivo é diminuír o número e gravidade das complicacións derivadas de padecer a gripe e a morbimortalidade das enfermidades causadas polo Strepcoco pneumoniae na poboación de Galicia.

 

2 comentarios sobre “La campaña de vacunación se amplía en Galicia hasta el 3 de diciembre

¿Y tú qué opinas de esto?

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s