NOVAS ESPECIES DE LIQUES ATOPADAS NO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLANTICAS DE GALICIA
HALLADAS NUEVAS ESPECIES DE LÍQUENES EN EL PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DE LAS ISLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA
En total, son 231 especies de las cuales 154 viven en las rocas de la costa, desde la franja litoral a la terrestre, dominando la flora y configurando la vegetación. El trabajo lo realizaron las doctoras en Biología, Josefina Álvarez Andrés y María José Sánchez-Viezma Serrano, del departamento de Botánica de la Universidad de Santiago de Compostela.
- En total, son 231 especies das cales 154 viven nas rochas da costa, dende a franxa litoral ata a terrestre, dominando a flora e configurando a vexetación
- O traballo foi encomendado ás doutoras en Bioloxía, Josefina Álvarez Andrés e María José Sánchez-Viezma Serrano, do departamento de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela
Santiago, 14 de novembro de 2010.- O Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, dependente da Dirección Xeral de Conservación da Natureza da Consellería do Medio Rural, encargou a realización dun traballo que dera a coñecer os liques deste espazo protexido. O traballo foi realizado polas doutoras en Bioloxía Josefina Álvarez Andrés e María José Sánchez-Viezma Serrano, do departamento de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela.
Aínda que os liques atópanse en substratos moi variados no medio natural e, incluso, próximos ás vilas e áreas máis urbanas, pasan totalmente desapercibidos polo descoñecemento que se ten deles, porque se poden confundir moi facilmente con outros seres vivos coma, por exemplo, os musgos ou incluso, simples manchas.
A súa característica mais importante é que son seres duais, é dicir, que están integrados por dous individuos de natureza diferente, unha alga e un fungo, e que desta relación simbiótica se forman individuos que non se parecen en nada aos seus integrantes. Outra característica a destacar é a enorme diversidade de cores e formas e a sorprendente cantidade de especies que existen. Tamén son moi interesantes as aplicacións que teñen: se empregan para tinguir telas, producen antibióticos, velenos, se fan perfumes con eles e sobre todo son uns excelentes bioindicadores de contaminación.
Riqueza liquénica
En Galicia, os liques estúdanse dende os anos 80 no Departamento de Botánica da Universidade de Santiago baixo a dirección da Dra. Regina Carballal Durán. Co seu equipo de investigación publicou moitos traballos en revistas científicas de prestixio, tanto españolas como estranxeiras. Dentro das súas publicacións, inclúese o traballo “Lista de líquenes y hongos liquenícolas de Galicia” realizado por Álvarez, López de Silanes e Sánchez-Biezma no ano 2001. Nesta obra recompílanse case tódolos traballos de liques de Galicia, elaborando unha base de datos que no ano 2001 tiña 19.835 rexistros e mais de 900 especies, sendo a primeira lista de liques dunha rexión de España. Como resultado do mesmo fíxose o “Catálogo de liques do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia”.
Catálogo do Parque
O catálogo enumera as especies que forman parte de cada xénero e describe as mais frecuentes. A súa vez, detállanse características ecolóxicas e de distribución acompañados por unha foto. Tamén se describen as comunidades de rochas costeiras, xa que son moi típicas e conforman a maioría da flora do Parque.
En total, son 231 especies de liques no Parque Nacional das Illas Atlánticas, o que da idea da gran riqueza florística. Deles, 154 viven nas rochas da costa, dende a franxa litoral ata a terrestre, dominando a flora e configurando a vexetación; de modo que son os seres vivos mellor representados neste ambiente tan peculiar.
Pero ademais desta gran riqueza florística, o Parque Nacional alberga flora moi peculiar. Hai 4 especies de distribución restrinxida: Bactrospora carneopallida (sinalada en diversos puntos costeiros da Rexión Macarronésica e Sáharo-árabe), Lecania aipospila (das Illas Británicas, Noruega, Suecia e costa atlántica francesa), Physcia scopulorum (atopada en Córcega, Cerdeña e Archipélago Tuscano) e Porina curnowii (distribuída soamente pola costa do suroeste de Inglaterra, suroeste de Irlanda e a Bretaña Francesa) que en España só é coñecida en Galicia. Seis especies son primeiras citas para Galicia: a Opegrapha gyrocarpa, Opegrapha mougeotii, Parmelia hypoleucina, Pertusaria gallica, Porina curnowii e Verrucaria halizoa.
Ademais da importante relevancia que teñen estes datos hai que destacar que 15 especies están na “Lista Vermella”, entre elas Caloplaca littorea, Ramalina siliquosa, Sclerophyton circumscriptum ou Teloschistes flavicans e 2 delas no “Catálogo de Especies Ameazadas” Bactrospora carneopallida e Lecanographa dialeuca.
Especies pouco frecuentes
Finalmente, 31 especies son pouco frecuentes en Galicia e 3 en España. Con estes datos, é indubidable a importancia da flora liquénica no Parque Nacional das Illas Atlánticas ademais, por suposto, da necesidade de conservar esta flora tan peculiar e tan descoñecida.
