O titular da Xunta subliña a complexidade do operativo e precisa que, “desde o primeiro momento, puxemos en marcha unha comisión interdepartamental na que se integraron a maioría das consellerías e tivemos relación continua co Arcebispado, co Concello e coa Delegación do Goberno”
El titular de la Xunta subraya la complejidad del operativo y precisa que, desde un primer momento, pusieron en marcha una comisión interdepartamental en la que se integraron la mayoría de las consejerías, y mantuvieron una relación continua con el arzobispado, el ayuntamiento de Santiago y la Delegación de Gobierno
Feijóo afirma que «todo está a punto» para que Galicia reciba el próximo sábado la visita del peregrino «más ilustre», el papa Benedicto XVI. Más de 200.000 personas se acercarán a Santiago de Compostela para presenciar en directo el evento. Y más de 500 voluntarios, médicos, enfermeros y demás personal estarán en servicio para la ocasión.
FEIJÓO AFIRMA QUE “TODO ESTÁ A PUNTO” PARA QUE GALICIA RECIBA O VINDEIRO SÁBADO A VISITA “DO PEREGRINO MÁIS ILUSTRE”, O PAPA BENEDICTO XVI
-
Salienta que a CRTVG será a encargada de ofrecer o sinal a todas as televisións do mundo, cunha audiencia que superará os 150 millóns de persoas; 500 profesionais, 14 horas de emisión, 11 puntos de directo, 19 unidades móbiles e 55 cámaras -Subraya que la cadena de televisión gallega será la encargada de ofrecer la señal a todas las televisiones del mundo, con una audiencia que superará los 150 millones de personas: 500 profesionales, 14 horas de emisión, 11 puntos de directo, 19 unidades móviles y 55 cámaras
- Afirma que máis de 1.200 profesionais estarán traballando no Centro de prensa internacional que a Xunta ten habilitado no Palacio de Congresos de Santiago – Más de 1.200 profesionales estarán trabajando en el Centro de Prensa Internacional que la Xunta ha habilitado en el Palacio de Congresos de Santiago
- Lembra que o sábado haberá, amais, unha axenda cultural alternativa e adicional á visita do Papa: “concertos, recitais de música e dúas exposicións de extraordinario prestixio” -El sábado se ofrecerá, además, una agenda cultural alternativa y adicional a la visita del Papa, con conciertos, recitales de música y dos prestigiosas exposiciones
Santiago, 5 novembro 2010.- Logo de seis meses de preparativos, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que “todo está a punto” para que Galicia reciba, o vindeiro sábado, a visita “do peregrino máis ilustre”, o Papa Benedicto XVI. “Cincocentos voluntarios, médicos, enfermeiros, ambulancias, un hospital de campaña, reforzamento do 061, reforzamento do 112…; en definitiva, podemos asegurar que, a esta data, todo está a punto para que esta visita histórica sexa realmente unha visita histórica para Galicia”, aseverou.
Feijóo subliñou a complexidade do operativo, “un operativo –dixo- sen antecedentes; o máis grande da historia da Comunidade galega en coordinación constante, permanente e frutífera co Arcebispado, coa Delegación do Goberno e co Concello de Santiago”. E neste sentido, precisou que, “desde o primeiro momento, puxemos en marcha unha comisión interdepartamental na que se integraron a maioría das consellerías e tivemos relación continua co Arcebispado, co Concello e coa Delegación do Goberno”.
O responsable do Goberno galego explicou que a CRTVG será a encargada de ofrecer o sinal a todas as televisións do mundo, cunha audiencia que superará os 150 millóns de persoas. “Santiago, o Xacobeo e Galicia van a chegar aos fogares de máis de 150 millóns de persoas e, para iso, a compañía ten deseñado un dispositivo inédito, o maior esforzo organizativo e técnico da compañía nos 25 anos que leva funcionando: 500 profesionais, 14 horas de emisión, 11 puntos de directo, 19 unidades móbiles e 55 cámaras”.
No tocante á atención mediática que está a espertar a visita, subliñou que, a día de hoxe, se teñen acreditado máis de 1.200 profesionais que estarán traballando no Centro de prensa internacional que a Xunta ten habilitado no Palacio de Congresos.
Feijóo afirmou que as máis de 200.000 persoas que a Conferencia Episcopal ten calculado que se achegarán a Santiago para participar en directo neste evento, poderán ver ao Pontífice no seu percorrido desde o aeroporto ata a catedral, a través de 10 pantallas que se instalarán ao longo da cidade.
Despois de invitar a todos a participar deste día histórico e a ter comprensión coas complicacións na vida diaria das persoas que pode provocar unha visita deste calibre; destacou, por último, que o sábado haberá, amais, unha axenda cultural alternativa e adicional á visita do Papa: “concertos, recitais de música e dúas exposicións de extraordinario prestixio”.
[…] Todo listo para la visita del Papa a Santiago, que presenciarán en directo más de 200.000 per… […]
Me gustaMe gusta