ECONOMÍA E INDUSTRIA VALORA POSITIVAMENTE O INFORME SOBRE O FINANCIAMENTO DO BUQUE 533 QUE PERMITIRÍA REACTIVAR VULCANO -La Xunta valora positivamente el informe sobre la financiación del buque 533 que permitiría reactivar Vulcano
La Consellería de Economía e Industria solicitará de inmediato el visto bueno a Pymar y el Banco Popular para financiar el acabado del buque sísmico 533 que salvaría a los astilleros Vulcano de Vigo de la ruina económica. Los responsables del gobierno gallego se basan en un informe positivo que acaban de recibir sobre dicha financiación. Piden que la operación se lleve a cabo cuanto antes, y la avalarán con 17 millones, existiendo el compromiso por parte de Pymar de poner otros cuatro.
- A Consellería de Economía e Industria solicitará de inmediato un posicionamento a Pymar e o Banco Popular, de xeito que si a súa valoración é tamén positiva e favorable para a realización da operación de financiamento do remate do buque sísmico 533, esta levarse a efecto canto antes
- A Xunta segue a demostrar o seu compromiso con Vulcano e co sector naval galego e avalará con 17 millóns de euros esta operación, existindo o compromiso por parte de Pymar de avalar o resto até chegar aos 21 millóns de euros necesarios para a reactivación do remate do buque sísmico e manter os postos de traballo
Santiago, 20 de outubro de 2010.- A Consellería de Economía e Industria que dirixe Javier Guerra vén de recibir hoxe o informe sobre o financiamento para o remate do buque sísmico 533 de Factorías Vulcano, e a súa avaliación é positiva co obxectivo de reactivar ao estaleiro vigueés e manter os postos de traballo
En base a este informe, a Consellería de Economía e Industria solicitará de inmediato unha resposta a Pymar e ao Banco Popular, de xeito que si a súa valoración é tamén positiva e favorable para a realización da operación de financiamento do remate do buque sísmico 533, esta levarase a efecto canto antes.
Tal e como manifestara o propio conselleiro, a Xunta “segue a demostrar o seu compromiso con Vulcano e co sector naval galego” e avalará con 17 millóns de euros esta operación, existindo o compromiso por parte de Pymar de avalar o resto até chegar aos 21 millóns de euros necesarios para a reactivación do remate do buque sísmico, primeiro paso para apuntalar o futuro da factoría.
O conselleiro de Economía e Industria salientou que o compromiso de financiamento e o compromiso da Xunta con Vulcano e co sector naval galego é total dende o primeiro momento, como xa se ten demostrado. Javier Guerra apuntou tamén que acadar o financiamento para o remate da construción 533, e que esta se remate en prazo por parte de Vulcano, é unha primeira fase para pasar despois a xestionar a futuro do estaleiro vigués.
