El gobierno gallego alerta de que los pactos lácteos logrados por la ministra son «papel mojado si no contemplan un régimen sancionador»

Foto: radiofusion.eu

A XUNTA ESTUDA AS PRIORIDADES PARA APLICAR EN GALICIA O PLAN DE DESENVOLVEMENTO RURAL CUXO ORZAMENTO COÑECEUSE NO BORRADOR DOS ORZAMENTOS XERAIS DE ESTADO

 

La Xunta prepara la presentación de prioridades al Ministerio en la puesta en marcha del Plan de Desarrollo Rural, tras haber reprochado la ministra Elena Espinosa al conselleiro Samuel Juárez el retraso en este aspecto. Juárez se defiende de estas acusaciones alegando que «las posibilidades presupuestarias son limitadas» y que «con esos cuartos pocos milagros se pueden hacer». La Administración gallega dice que «prefiere hacer este trabajo con cuidado» pero ante las reivindicaciones de la ministra al fin ha puesto manos a la obra 

El otro punto de fricción entre la Consellería de Medio Rural y el Ministerio se refiere al sector lácteo. Juárez reprochó a la ministra que no se tomaran en España acuerdos como en Francia, donde se fijaron entre los interlocutores lácteos unos precios mínimos de referencia. Además advirtió que los pactos en el seno de la Interprofesional láctea «son papel mojado si no contemplan un régimen sancionador»

 

 Santiago, 20 de outubro de 2010.- Técnicos das distintas direccións xerais da Consellería do Medio Rural estudan as prioridades a establecer para elevar ao Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino as propostas concretas que se poden acoller ao Plan marco de desenvolvemento rural, cuxo orzamento foi coñecido recentemente. Fronte á esaxerada celeridade doutras Comunidades Autónomas, a galega prefire facer este traballo con coidado, tendo en conta que “hai máis dun ano que se leva falando deste asunto, e que as posibilidades orzamentarias son limitadas”, tal e como lembrou hoxe o conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez.

 Juárez lembrou asemade que, tralos sucesivos recortes orzamentarios aplicados polo Gobermo Central nos seus distintos plans, e moi nomeadamente nos que atinxen ao sector primario, o devandito Plan quedou diminuído para este ano ata os 17 millóns de euros, “e con ese cartos poucos milagres se poden facer”, asegurou o conselleiro. Sen embargo, o titular do Medio Rural afirmou que “traballaremos arreo e moi seriamente para redactar unhas propostas realistas, achegadas ás necesidades máis urxentes do agro galego”.

 Lácteo

Juárez asistiu a un foro que protagonizou a ministra do ramo, Elena Espinosa, quen botou en falla a responsabilidade que os axentes sociais involucrados na cadea láctea amosan en Francia. Ademais de recordar a Espinosa que en numerosas ocasións a Interprofesional Láctea (órgano dependente do Goberno Central) non se reunira malia as solicitudes de parte os seus membros, o conselleiro tamén lembrou á ministra que en Francia o pasado verán “dábase unha situación moi similar á nosa, pero o ministro galo tomou cartas no asunto propiciando un acordo que, na práctica, fixaba entre os distintos interlocutores uns prezos mínimos de referencia. Aquí, en España, dísenos que este tipo de acordos están prohibidos por normativa europea. Eu pregúntome se a normativa europea que se aplica en Francia non é a mesma que se aplica en España”, sostén Juárez.

 O conselleiro reivindicou unha vez máis unha “implicación máis profunda do Ministerio na resolución da grave crise do sector lácteo”, e animouno a afondar nos acordos no seo da Interprofesional Láctea. Iso si, advertiu que estes pactos “son papel mollado se non contemplan un réxime sancionador”, que loxicamente debe ser avaliado -e avalado- polo propio Ministerio. Do contrario, concluíu Juárez, “as expectativas entre os produtores poden verse novamente frustradas”, tal e como ocorreu cos chamados contratos homologados que se presentaron en xullo pasado en Madrid.

¿Y tú qué opinas de esto?