Ochenta peregrinos acaban con éxito en Santiago la séptima Ruta Xacobea en bicicletas adaptadas

Foto: Fundación También (deporteadaptado.spaces.live.com)

 

ROBERTO VARELA RECIBE NA PRAZA DO OBRADOIRO AOS PEREGRINOS QUE REMATARON  A VII RUTA XACOBEA EN BICICLETAS ADAPTADAS 

El consejero de Cultura y Turismo de la Xunta recibió en la plaza del Obradoiro de Santiago al grupo de 80 peregrinos que concluyeron con éxito la séptima Ruta Xacobea en bicicletas adaptadas. La iniciativa la organizó la Fundación También  en colaboración con el Xacobeo 2010.

 

  • O conselleiro de Cultura e Turismo felicitou no final do Camiño de Santiago ao grupo, formado por máis de 80 persoas, polo seu “exemplo e espírito de superación”. A iniciativa foi organizada pola Fundación También en colaboración co Xacobeo 2010.

 

Santiago, 11 de outubro de 2010.- O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, recibiu esta mañá na Praza do Obradoiro a un grupo de 80 persoas que participaron na sétima edición da  Ruta Xacobea en Bicicletas Adaptadas para persoas con discapacidade física, intelectual e/ou sensorial, organizada pola Fundación También coa colaboración do Xacobeo. Ao remate da súa peregrinaxe, o conselleiro de Cultura e Turismo transmitiu ao grupo a súa felicitación polo “exemplo que legan a toda a poboación galega a través dun espírito de superación capaz de derrubar calquera fronteira, amosando que o Camiño de Santiago, é tamén un camiño de ilusión e de integración”.   

Roberto Varela mostrou no seu encontro cos participantes o seu “compromiso total co colectivo de persoas con discapacidade” e manifestou o seu obxectivo de “acadar un Xacobeo para todos e de todos”.  Roberto Varela incidiu na importancia de que “as persoas con mobilidade reducida poidan facer súa unha experiencia que cada ano atrae a milleiros de peregrinos” e apuntou como prioridade “facilitar o acceso de todos ao Camiño, achegando esta experiencia vital a todos os peregrinos”.

A Fundación También promoveu un itinerario de máis de 40 quilómetros que a expedición realizou en bicicletas adaptadas para persoas con todo tipo de discapacidade, dividido en tres etapas. Onte pola mañá, percorreron os 14 quilómetros comprendidos entre Fontenlas e Salceda. Na etapa da tarde, o grupo completou os aproximadamente 12 quilómetros que separan Ceadoiro de Amenal. Esta mañá percorreron o último tramo desde Vilamaior ata a Catedral de Santiago cunha parada intermedia no Monte do Gozo.

Traballo polo deporte adaptado

A Fundación También leva case once anos traballando polo deporte adaptado entre o colectivo de persoas con discapacidade. Desde hai 6 anos, a Ruta Xacobea permite a esta organización sen ánimo de lucro avanzar no seu obxectivo de conseguir a integración real do colectivo de persoas con mobilidade reducida ou con discapacidade física, psíquica e/ou sensorial.

Ao longo do ano, a Fundación También organiza diferentes programas de deporte adaptado en distintos puntos de España, conta con material e monitores especializados, e subvenciona os seu beneficiarios gran parte do custe total das actividades que desenrolan, gracias tamén a colaboración económica de empresas patrocinadoras.

¿Y tú qué opinas de esto?