EXTINGUIDOS OS LUMES FORESTAIS REXISTRADOS ESTA FIN DE SEMANA EN VARIOS PUNTOS DE OURENSE E PONTEVEDRA
Extinguidos los incendios forestales registrados este fin de semana en varios puntos de Ourense y Pontevedra. Entre el sábado y el domingo hubo en Galicia cuatro fuegos. Cada uno afectó a una superficie superior a las 20 hectáreas. El más importante fue el de Carballeda de Valdeorras (Ourense), donde ardieron 80 hectáreas de monte raso
- Entre o sábado e o domingo houbo en Galicia catro lumes que afectaron –cada un deles– a unha superficie superior ás 20 hectáreas, segundo as primeiras estimacións provisionais
- O sinistro de maiores dimensións tivo lugar no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, onde arderon un total de 80 hectáreas (0,8 quilómetros cadrados) de monte raso
Santiago, 4 de outubro de 2010.- Medio Rural informa de que os catro incendios forestais rexistrados esta fin de semana nos concellos ourensáns do Carballiño, Carballeda de Valdeorras e Manzaneda, así coma no pontevedrés de Fornelos de Montes, e cada un dos cales superou as vinte hectáreas de superficie afectada, quedaron todos definitivamente extinguidos onte domingo, día 3.
O Carballiño
O lume forestal rexistrado na parroquia de Lobás, no concello ourensán do Carballiño, iniciouse ás 16:00 horas da tarde do sábado 2 de outubro e quedou definitivamente extinguido ás 02:39 horas da madrugada de onte, domingo día 3.
Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada por este lume foi de 50 hectáreas (0,5 quilómetros cadrados), das cales 40 correspondían a monte arborado e 10 a raso.
Nas tarefas de extinción deste incendio traballaron 1 técnico, 7 axentes forestais, 9 brigadas (compostas por entre 5 e 7 persoas), 11 motobombas, 1 pala, 2 helicópteros e 1 Grumir.
Carballeda de Valdeorras
O incendio rexistrado na parroquia de Sobradelo, no tamén ourensán concello de Carballeda de Valdeorras, quedou extinguido ás 13:16 horas de onte domingo. O lume iniciárase ás 23:36 horas da noite do sábado.
Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada neste caso foi de 80 hectáreas (0,8 quilómetros cadrados), todas elas de superficie rasa.
Nas tarefas de extinción traballaron 2 axentes forestais, 7 brigadas e 1 motobomba.
Manzaneda
No concello de Manzaneda arderon, segundo as primeiras estimacións provisionais, 70 hectáreas (0,7 quilómetros cadrados) de superficie rasa, na parroquia de Soutipedre. O lume iniciouse o sábado ás 15:00 horas e quedou extinguido ás 01:00 horas da madrugada do domingo.
Nos labores de extinción participaron 4 axentes, 6 brigadas, 1 Grumir, 5 motobombas, 3 helicópteros e 1 avión.
Fornelos de Montes
Por último, na parroquia de Traspielas, no municipio pontevedrés de Fornelos de Montes, rexistrouse un lume forestal que afectou a 21,5 hectáreas (0,21 quilómetros cadrados), das cales 21 eran de monte raso e 0,5 de arborado. O incendio neste caso comezou ás 16:11 horas do sábado día 2 e quedou extinguido ás 19:30 horas da mesma xornada.
Nos labores de extinción participaron 1 axente, 3 brigadas, 1 Grumir, 3 motobombas e 2 helicópteros.