2.200 alumnos de 50 centros participan en la campaña gallega de lectura

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

MÁIS DE 2.200 ALUMNOS DE PRIMARIA  DE 50 CENTROS PÚBLICOS BENEFICIARANSE DA CAMPAÑA ‘OES, EU LEO’ PARA O FOMENTO DA LECTURA

 Más de 2.200 alumnos de Primaria de 50 centros públicos gallegos se beneficiarán de la campaña ‘Oye, yo leo’ para el fomento de la lectura

  • Trátase dun proxecto de audiolibro que pretende incentivar a lectura entre o alumnado de 5º e 6º de primaria e ofrecerlles novas posibilidades de traballo
  • A iniciativa presentada hoxe no CEIP O Pombal de Vigo se desenvolverá en 50 centros públicos beneficiados polo Plan de mellora de bibliotecas
  • No acto estiveron presentes un representante da Consellería de Educación e outro da de Cultura

 Vigo, 27 de setembro de 2010.- O CEIP O Pombal de Vigo acolleu esta mañá o acto inaugural do proxecto ‘Oes, eu leo’ impulsado pola Consellería de Educación  e a Consellería de Cultura. En representación da primeira asistiu o director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal; e da segunda, o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López.

 A campaña ten como principal obxectivo promover obras significativas entre máis de 2.200 nenas e nenos de 5º e 6º de primaria, a través de versións sonoras preparadas para animar a lectura sobre o soporte en papel. 50 centros do Plan de mellora de bibliotecas, (12 da provincia da Coruña, 12 de Lugo, 14 de Ourense e 12 de Pontevedra) acollerán a actividade na que o audiolibro será o material empregado para que os alumnos e alumnas desenvolvan o interese por ler ao mesmo tempo que escoitan as obras.

 Neste senso, o director xeral de Promoción e Difusión da Cultura, Francisco López, dixo que ‘Oes, eu leo’ “é unha excelente liña de achegamento da lectura a todos os públicos, traballando para que os adultos cambiemos a nosa visión e vaiamos a modelos de achegamento abertos á transformación, a unha realidade na que os máis novos están destinados a comprender e dicir moito máis quizais do que puidemos expresar as xeracións anteriores”.

 Animación á lectura

A actividade pretende incentivar a lectura nos primeiros ciclos educativos a través da apertura de novas formas de animación. O proxecto, que se integra na programación do Ano do Libro e da Lectura en Galicia, responde á necesidade de adaptar os recursos escolares aos novos tempos e soportes.

 Doutra banda, a posta en marcha destes materiais visuais e sonoros abrirán novas posibilidades de traballar cos rapaces tanto na clase como na biblioteca de xeito individual ou colectivo, e abrindo os camiño cara a lectura múltiple. Deste xeito, o director xeral de centros, José Manuel Pinal, destacou que: ‘Como non podemos ter un narrador ou unha narradora sempre ao noso carón, que ben que podamos ter estes audiolibros para que ao tempo que lemos, podamos escoitar a alguén que o le para nós, e así poder disfrutalos dobremente’.

 Con esta iniciativa, a Consellería de Educación a través da Dirección Xeral de Centros e Recursos Educativos, pretende incentivar actividades para o fomento da lectura no contexto escolar debido a importancia desta actividade á hora de adquirir coñecementos e desenvolver pensamento e xuízo crítico. Deste xeito, Educación continúa co seu compromiso de acadar óptimas competencias lectoras en todos os escolares. Algo que xa vén facendo a través de iniciativas como o Plan LÍA, dotando de recursos ás bibliotecas escolares e adaptando os recursos informativos ás novas necesidades da sociedade da información.

¿Y tú qué opinas de esto?