Foro de jóvenes de 11 países europeos en Compostela

EN SANTIAGO SEGUE O FORO EUROPEO SOBRE POLÍTICAS XUVENÍS PARA INTERCAMBIAR EXPERIENCIAS E AMPLIAR OS INTERCAMBIOS ENTRE A MOCIDADE

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Prosigue este fin de semana el Foro Europeo sobre Políticas Juveniles en Santiago de Compostela para intercambiar experiencias entre la juventud de 11 países del continente

  •  A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, recibirá esta tarde aos participantes no seminario, máis de unha veintena de representantes políticos procedentes de España, Rusia, Ucraína, Moldavia, Armenia, Grecia, Italia, Bulgaria, Portugal, Romanía e Hungría

  • O director xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, destacou esta mañá no acto de apertura a importancia deste encontro para fomentar a mobilidade xuvenil e intercambiar experiencias e coñecementos
  • A Dirección Xeral de Xuventude pretende que a iniciativa se converta nunha oportunidade para ampliar de cara ao ano próximo o número de países socios que participan no seu programa de mobilidade

Santiago, 26 de setembro de 2010.- Comezou en Santiago o seminario de Responsables de Políticas Nacionais, Rexionais e Locais de Xuventude no que participan ata hoxe domingo representantes de España e doutros dez países de Europa: Rusia, Ucraína, Moldavia, Armenia, Grecia, Italia, Bulgaria, Portugal, Romanía e Hungría.

 O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, inaugurou a iniciativa que organiza o departamento que dirixe. No acto de apertura destacou a importancia deste foro para fomentar a mobilidade.

 De feito, Rodeiro sinalou que a mobilidade xuvenil é un dos eixes principais do documento ‘Estratexia Xuventude 2013’. ‘É un plan que acaba de aprobar o goberno galego con máis de 240 medidas en materia de xuventude e cun investimento conxunto de 900 millóns de euros”, apuntou. 

 Pola súa banda, a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, recibe aos responsables políticos que toman parte no foro europeo, que pretende, ademais, ampliar o espectro de actividades e de países, indo máis alá do propio ámbito da Unión Europea para fortalecer as relacións con todos os países do vello continente sen excepción.

 Así, no foro, que se celebra na capital galega coincidindo co Ano Xacobeo, intercambiaranse  coñecementos e experiencias que en materia de xuventude están a poñer en marcha as distintas administracións da Unión Europea e dos países veciños.

 No caso de España, o encontro permitirá expoñer algunhas das accións e programas que se desenvolven desde cada unha das administracións públicas: Goberno central, Injuve, Comunidades autónomas, Xunta, deputacións e concellos.

 Ao longo da fin de semana, os diferentes participantes exporán as liñas principais das políticas xuvenís que se desenvolven nos seus respectivos países.

¿Y tú qué opinas de esto?