Galicia recoge la segunda vendimia más abundante de su historia

MEDIO RURAL ESTIMA QUE SE RECOLLERÁN 53 MILLÓNS DE QUILOS DE UVA, A SEGUNDA VENDIMA MÁIS ABONDOSA DA HISTORIA DAS DENOMINACIÓNS DE ORIXE

La Xunta estima que se recogerán 53 millones de kilos de uva, la segunda vendimia más abundante de la historia de las denominaciones de origen en Galicia

  • Esta cifra supón un incremento do 12% sobre a vendima de 2009 e dun 23% sobre a media das últimas tres vendimas
  • A vendima máis abondosa da historia das denominacións de orixe galegas foi no ano 2006, na que se recolleron 64 millóns de quilos de uva

 

Santiago, 25 de setembro de 2010.- A Consellería do Medio Rural estima que a vendima deste ano chegará aos 53 millóns de quilos, supoñendo desta forma un incremento do 12% sobre a vendima de 2009. Con respecto á media das últimas tres vendimas, esta cifra supón un incremento do 23%.

 Trátase, en definitiva, da segunda vendima máis abondosa da historia das denominacións de orixe galegas, só superada pola vendima de 2006 na que se recolleron 64 millóns de quilos. O tempo para a vendima está a ser moi favorable, o que está a permitir que os traballos se fagan co ritmo axeitado e que a uva entre nas adegas cunha calidade sanitaria excelente. As condicións climáticas foron, en xeral, boas para a concentración de aromas, a elevada graduación potencial dos viños e un bo equilibrio alcohol-acidez, o que fai ser optimistas de cara á calidade esperada dos viños deste campaña.

 Inicio

Nestes días estase a despregar unha frenética actividade nas comarcas vitivinícolas galegas, volcadas nos labores da vendima. A denominación de orixe máis madrugadora foi Rías Baixas, na que nalgunhas parcelas xa se comezou a vendima a finais de agosto (subzona do Rosal), aínda que este dato non deixa de ser anecdótico, xa que o groso da vendima no conxunto de Galicia realízase a partir da segunda semana de setembro e dura ata a primeira semana de outubro, ao concluír a cal, practicamente estará recollida toda a uva.

 Estimacións

A D.O. Rías Baixas agarda recoller 28 millóns de quilos, un 20% máis que en 2009, polo que vai ser a segunda colleita máis grande da historia desta denominación de orixe, trala de 2006. A D.O. Ribeiro prevé recoller 14 millóns de quilos, cantidade superior nun 30% á de 2009 e, en xeral, superior a calquera das últimas tres campañas. A cifra prevista para este ano pode considerarse como a correspondente a un ano medio nesta denominación.

 A denominación de orixe que se mantén en canto a cifras é a de Valdeorras, que agarda unha colleita duns 5 millóns de quilos, cifra similar á dos dous últimos anos, que foron colleitas escasas.

 No caso das D.O. Ribeira Sacra e Monterrei, a vendima desta ano prevese que sexa inferior á da campaña pasada. Ribeira Sacra estima que se vendimarán entorno a un 10 ou 15% menos que en 2009, o que suporá unha cantidade de uns 4,5 millóns de quilos de uva, o que se pode considerar unha colleita normal nesta denominación de orixe.

 Monterrei agarda recoller uns 1,5 millóns de quilos, o que supón un 25% de descenso sobre a campaña precedente, que fora particularmente boa. Porén, a cifra prevista para este ano é superior á de calquera das campañas 2006, 2007 e 2008, e vén a coincidir coa media das últimas catro campañas.

 Control

Para o control da vendima os consellos reguladores utilizan, ademais do persoal técnico de carácter fixo dedicado a estes labores, un importante número de persoas contratadas especificamente para o tempo da vendima. En total controlarán esta vendima, ademais dos 14 técnicos do cadro de persoal dos cinco consellos reguladores, 145 inspectores eventuais, o que fai un total de 159 persoas ocupadas neste labor.

Cifras

O número de adegas asociadas ás cinco denominacións de orixe é de 465 en total, sendo a denominación de orixe Rías Baixas a que máis adegas inscritas ten e, a de Monterrei, en cambio, a que conta con menor número. En canto ao número de viticultores, a cifra ascende a un total de 17.649 que traballan en 9.555 hectáreas.

¿Y tú qué opinas de esto?