MEDIO AMBIENTE APROBA UNHA MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PXOU DE CHANTADA PARA A CONSTRUCCIÓN DUN COMPLEXO DOTACIONAL PÚBLICO NA PRAZA DE GALICIA
Medio Ambiente aprueba una modificación puntual del plan urbano de Chantada para construir un complejo dotacional público en la plaza de Galicia
- A modificación posibilitará a construción dun complexo dotacional, administrativo e cultural, que acollerá as propias dependencias da casa do concello e outros usos administrativos e culturais de carácter público
- O interese público da modificación xustifícase pola creación dun equipamento público mais amplío e adaptado as necesidades actuais da poboación
- O ámbito ocupa un total de 2.270 m2 distribuídos en uso residencial: 685 m2, uso dotacional:1.448 e rede viaria: 137 m2
- A modificación puntual ten por obxecto o intercambio de usos, a modificación da Ordenanza nº5 Dotacional para incrementar a edificabilidade dos equipamentos e a introdución de novos usos: administrativos, socioculturais, docente, asistencial
Santiago, 25 de Setembro de 2010.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas outorgou a aprobación definitiva á modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) do Concello de Chantada, para a construción dun complexo dotacional público na Praza de Galicia.
A modificación puntual do PXOU, promovida polo Concello, afecta a terreos clasificados como solo urbano e tenta de posibilitar a construción dun complexo dotacional, administrativo e cultural, no que quedarán incluídas as propias dependencias da casa do concello e outros usos administrativos e culturais de carácter público.
A modificación ocupa un ámbito de 2.270 m2, coas seguintes cualificacións urbanísticas:
- 685 m2 de uso residencial, Ordenanza Nº2:altura máxima de 5 plantas.
- 1.448 m2 para equipamentos públicos, Ordenanza Nº 5: edificabilidade 3 m2/m2.
- 137 m2 de rede viaria que conectan a Rúa Taboada coa rúa das Chedas.
O proxecto de modificación ten por obxecto cambiar dentro deste ámbito a cualificación da zona con Ordenanza Nº2 Residencial pola Ordenanza Nº5 Dotacional; resultando unha diminución de 3.425 m2 edificables residenciais; e un incremento de 685 m2 de equipamentos públicos, cunha edificabilidade duns 1.300 m2.
Coa modificación da ordenanza Nº 5 do PXOU, incrementando a edificabilidade de 3 a 6 m3/m2 para posiblilitar a volumetría prevista; e introdución como novos usos permitidos os administrativos públicos, de oficinas, sociocultural, docente e asistencial, para posibilitar a construción dun complexo público municipal. Co fin de poder unir as dúas zonas dotacionais nun único volume, proxéctase a construción por encima dun pequeno vial, deixándoo libre a nivel de planta baixa, cun gálibo de 4 m de altura.
Tramitación
O Concello da Chantada dispón dun PXOU, aprobado definitivamente o 29/7/1985. En Xullo de 2009 o Pleno do concello procedeu á Aprobación inicial da Modificación, para posteriormente sometelo a información pública, presentáronse dúas alegacións que foron desestimadas, previo informe desfavorable do equipo redactor no Pleno de febreiro de 2010.
