TÉCNICOS DE AUGAS DE GALICIA SUPERVISARON ESTA MAÑÁ O ESTADO DO ENCORO DO UMIA. As últimas analíticas realizadas confirman unha vez máis a potabilidade da auga para abastecemento de Caldas. O Goberno galego manterá o servizo de abastecemento con cisternas mentres non remita a saturación nos filtros.
Técnicos de Augas de Galicia supervisaron en la mañana del sábado 25 de septiembre el estado del embalse del Umia. Las últimas analíticas confirman una vez más la potabilidad del agua para el abastecimiento de Caldas. De todas maneras, el gobierno gallego mantendrá el servicio de abastecimiento con cisternas mientras se siga registrando saturación en los filtros.
- Sinalan que se variou o punto de saída de auga do embalse para tentar baixar a concentración de algas na auga, ante o excepcionalmente baixo nivel do encoro, que provocou o aumento da turbidez do río Umia
- As comprobacións feitas descartan a presenza de cianobacteria nas captacións de Rabuñade, Ponte Baión e Ponte Arnelas
- As últimas analíticas realizadas confirman unha vez máis a potabilidade da auga para abastecemento de Caldas
Santiago, 25 de setembro de 2010.- Técnicos de Augas de Galicia estiveron hoxe no encoro de Umia para realizar un seguimento da situación no encoro e nas augas do Umia.
Ante a aparición de algas no río Umia dos últimos días, os técnicos de Augas de Galicia axustaron o réxime de saída da auga do encoro de Caldas, de modo que baixe a concentración de algas no río e se alivie a saturación da potabilizadora de Caldas.
Estas labores de axuste son necesarias ante un encoro con niveis excepcionalmente baixos, tras un verán no que a achega do río Umia ao encoro diminuíu de modo excepcional. Cómpre lembrar que o aspecto do río non incide na potabilidade das augas da rede de abastecemento, que se confirma absolutamente segura.
Servicio de abastecimiento con cisternas
En todo caso, desde Augas de Galicia reitérase que o Goberno galego manterá o servizo de abastecemento con cisternas mentres non remita a saturación nos filtros que diminúe a produción de auga potable para o consumo dos cidadáns.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, comezou na mañá de onte a completar o abastecemento de cisternas ao sistema de auga potable de Caldas, despois de que o concello trasladara ao organismo autónomo a dificultade da ETAP para potabilizar debido a que os filtros se atascan pola turbidez da auga, causada á súa vez polo baixo nivel do encoro (atópase nunha porcentaxe de ocupación do 25%), o que obriga a facer cortes periódicos no subministro.
Como se sinalou anteriormente non se trata dun problema de calidade da auga senón de cantidade, polo que a achega de cisternas só ten como obxectivo completar o subministro, e non substituílo.
Na actualidade, só se ten declarado a alerta 1 na captación de Segade debido a presenza de cianobacterias, mentres que nas tres captacións restantes non se detecta en niveis significativos. Cómpre indicar que a alerta 1 activase a partir duns límites (CIANOBACTERIAS>2.000 CEL/mL ou CLOROFILA a >10microg/litro), e notifícase desta situación ás autoridades sanitarias responsables e ás empresas de abastecemento afectadas, para que vixíen a posible presenza de microcistina na auga.
Esta situación implica realizar un maior número de análises para detectar calquera cambio, pero garántese que a auga procedente do sistema de abastecemento é apta para o consumo humano.
