La Xunta establece un protocolo de colaboración conjunto con el Colegio de Arquitectos

ECONOMÍA E INDUSTRIA IMPULSA A COLABORACIÓN ENTRE ARTESANÍA E ARQUITECTURA

 Representantes de la Xunta establecen un protocolo de colaboración conjunto con el Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia

  • A directora xeral de Comercio e a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño reúnense mañá con representantes do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia co obxectivo de establecer un protocolo de actuación para colaboracións no futuro.
  • Nava Castro e Elena Fabeiro aproveitarán o encontro para visitar a exposición Contornos, que se amosa na sede do COAG en Santiago, e na que se contará coa demostración ao vivo dun artesán torneiro, a modo de clausura.

 Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2010.- A directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, e mais a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro Castro, reuniuse con representantes do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, co obxectivo de establecer un protocolo de actuación que permita futuras colaboracións entre artesanía e arquitectura.

 A Consellería de Economía e Industria considera que a aplicación dos diferentes oficios artesáns a outras disciplinas artísticas é clave para o desenvolvemento e consolidación do sector artesán galego. Neste sentido, entende que a colaboración co Colexio de Arquitectos de Galicia pode dar excelentes resultados a través da aplicación do torneado artesanal da madeira á arquitectura.

Mostra de Madeira Torneada 

Nava Castro e Elena Fabeiro aproveitaron a reunión para visitar a III Mostra Itinerante de Madeira Torneada Contornos, na sede do COAG en Santiago (Praza da Quintana, 1). Nesta xornada de clausura da mostra, que está formada por 50 pezas, contouse coa participación do artesán Vicente Ledo que realizou demostracións en vivo do torneado de madeira. 

A mostra está formada por 38 autores procedentes de Galicia, A Rioxa, Navarra, Andalucía, Cataluña, Asturias, País Vasco, Illas Baleares, Illas Canarias, Madrid e Francia. Todos eles torneiros artesáns, tanto profesionais como afeccionados, que demostran que a tornería é un oficio vivo.

 X Encontro de Torneiros

O mes de setembro marcou tamén o punto de encontro da tornería en Galicia, grazas á celebración do Encontro de Torneiros, que este ano vai pola décima edición. Por cuarto ano consecutivo, a Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño organiza este evento, que se desenvolve en Xermade do 23 ao 26 de setembro.

 Os participantes neste X Encontro de Torneiros terán a posibilidade de achegar algunha peza representativa do seu traballo que poderá resultar seleccionada para formar parte da cuarta edición da Exposición Itinerante de Madeira Torneada «Contornos», que estará composta por un máximo de 45 pezas e que percorrerá diferentes localidades galegas durante o ano 2011.

Un comentario sobre “La Xunta establece un protocolo de colaboración conjunto con el Colegio de Arquitectos

¿Y tú qué opinas de esto?