La Xunta recibe 2.800 peticiones de traslados

A XUNTA RECIBIU MÁIS DE 2.800 SOLICITUDES PARA O PRIMEIRO CONCURSO DE TRASLADOS DA ADMINISTRACIÓN XERAL EN TRES ANOS

 La Xunta recibió más de 2.800 solicitudes para el primer concurso de traslados de la Administración central en tres años.

  • A Dirección Xeral da Función Pública xa publicou a listaxe de admitidos e prevé resolver o concurso antes de fin de ano
  • Convócanse case 1.600 prazas, das que medio cento están abertas a outras administracións

 

Santiago, 23 de setembro de 2010.- A Dirección Xeral da Función Pública, pertencente á Consellería de Facenda, recibiu un total de 2.866 solicitudes para optar ao primeiro concurso de traslados da Administración Xeral da Xunta de Galicia nos últimos tres anos.

 O departamento que dirixe José María Barreiro convocou o pasado 6 de maio este concurso de traslados, o 14 de setembro publicou a listaxe provisional de admitidos e prevé resolvelo antes de fin de ano.

 Nesta convocatoria ofértanse un total de 1.598 prazas, a cifra maior dos últimos anos, fronte ás 1.306 da anterior de 2007. Do total, 48 están abertas a outras administracións. En canto ao número de solicitudes, das 2.866, 676 proceden doutras administracións.

 Administración Especial

Función Pública tamén ten previsto convocar nos próximos meses o concurso de traslados da Administración Especial da Xunta de Galicia, tan pronto como se aproben as novas Relacións de Postos de Traballo das consellerías.

 O último concurso para a provisión de postos de traballo vacantes na Administración Especial, no que se ofertaron 672 postos, foi convocado por Orde de 1 de outubro de 2004 e resolto por orde de 19 de outubro de 2005.

¿Y tú qué opinas de esto?