Galiciaskills 2010: primer campeonato gallego de Formación Profesional

CONTINÚA ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO I CAMPIONATO GALEGO DE FORMACIÓN PROFESIONAL, GALICIASKILLS 2010

Continúa abierto el plazo de inscripción en el primer campeonato gallego de Formación Profesional, Galiciaskills 2010.

 

  • As probas desenvolveranse a través de 12 competicións, das que sairán elixidos os representantes do equipo galego no SpainKills 2011
  • Máis de 40 centros xa están inscritos na competición que terá lugar o vindeiro mes de novembro, e na que o alumnado demostrará as súas competencias segundo a modalidade na que participe 
  • Os interesados poderán inscribirse ata o 8 de outubro

 Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2010.- A Consellería de Educación  e Ordenación Universitaria organiza o I Campionato Galego da Formación Profesional, GaliciaSkills 2010, no que se elixirán aos 12 membros que formarán o equipo galego que representará á Comunidade no campionato nacional (SpainSkills), e posteriormente nas olimpíadas mundiais deste certame.

Ademais de elixir os representantes galegos, o campionato ten por obxectivo a posta en valor da calidade das ensinanzas de Formación Profesional, motivar ao alumnado e estimular o labor do profesorado, así como potenciar as relacións dos centros nos que se imparten ciclos formativos coas empresas dos sectores correspondentes. 

 Deste xeito, a Consellería de Educación demostra unha vez máis o seu compromiso coas ensinanzas de FP, un auténtico sistema de oportunidades para a formación dos cidadáns.

 Desenvolvemento das probas

As GaliciaSkills organízanse en 12 especialidades: carpintaría, ebanistería, cociña, servizo de restaurante e bar, coidados de beleza, peiteado, tecnoloxía de moda, TI PC soporte de rede, deseño web,  tecnoloxía do automóbil, pintura de vehículos, e reparación de vehículos. De cada unha destas skills, elixirase ao mellor competidor e formarase o equipo galego que participará nas olimpíadas estatais. Entre os titores dos gañadores seleccionaranse tres xefes de equipo.

 Polo momento, 48 alumnos de 23 centros están inscritos na competición, que consistirá no desenvolvemento dunha proba de carácter eminentemente práctico, onde cada participante demostrará a súa competencia profesional no seu ámbito.

 As probas terán unha duración aproximada de entre media e unha xornada, dependendo da modalidade da que se trate.

Inscrición e requisitos

Os centros de formación profesional que desexen inscribirse aínda poden facelo  cubrindo o formulario de inscrición publicado na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp/GaliciaSkills.htm antes do 8 de outubro. Cada centro, dependendo das familias profesionais que imparta, poderá presentar a un alumno a cada skill. O profesorado será o encargado da preparación e estimulación dos competidores para que consigan os mellores resultados na súa modalidade.

¿Y tú qué opinas de esto?