Existen en Europa algúns modelos que xa se están levando a cabo en asteleiros de varios países – Existen en Europa algunos modelos que ya se están ejecutando en astilleros de varios países.
FOTO: Muestra de carpintería de ribeira.
A CONSTRUCIÓN DUNHA GOLETA INCORPORA A GALICIA DENTRO DO GRUPO DE PAÍSES QUE APOSTAN POLA CONSERVACIÓN DA CULTURA E DO PATRIMONIO MARÍTIMO
La construcción de una goleta incorpora a Galicia al grupo de países que apuestan por la conservación de la cultura y del patrimonio marítimo.
- A fabricación desta goleta suporá un efecto xenerador de emprego a través da súa construción por carpinteiros de ribeira, promoverá unha actividade que está en situación precaria e asegurará traballo a estes artesáns do mar
Santiago, 23 de setembro de 2010.- Coa construción dunha goleta de carga de dous mastros, que será construída na mariña lucense, Galicia incorporase ao grupo de países que apostan pola conservación da cultura e do patrimonio marítimo.
A fabricación desta goleta suporá un efecto xenerador de emprego a través da súa construción por carpinteiros de ribeira, promoverá unha actividade que está en situación precaria asegurando traballo a estes artesáns do mar, actuará como unha media anticrese e o mesmo tempo será un compromiso coa riqueza cultural de Galicia, preservando a cultura mariñeira da vila e da comarca da mariña lucense, lembrando o vello traballo nos novos tempos. En definitiva, un investimento produtivo que conxugará ao mesmo tempo a difusión do patrimonio cultural propio e a creación de postos de traballo, estimulando así unha demanda solvente e sostible.
Existen en Europa algúns modelos que xa se están levando a cabo en asteleiros de varios países, xenerando numerosos postos de traballo, tanto directos como indirectos, riqueza para as vilas en donde se constrúen estas embarcacións, e creación de novos proxectos e mantemento e conservación das embarcacións actuais, engadindo valor ao patrimonio marítimo e cultural dos países, neste senso Galicia, pola súa histórica vinculación ao mar, non podería ser menos.
A fabricación en Europa
Estes son algúns exemplos. En Fartoyvern, Noruega, estase a levar a cabo un proxecto que conta con 25 anos de traxectoria desde que en 1984 se constituíu a Fundación Sloop Hardanger por oito concellos, mais dun centenar de voluntarios, que aportaron traballo e capital, ampliando en 1994 a Fundación para dar cabida á Dirección de Patrimonio Cultural do Goberno Noruego. Conta cunha plantilla dun 60 traballadores e unha financiación que se sustenta nun 75% de ventas y o resto en axudas publicas
En Dinamarca existe tamén outro proxecto. Leva en funcionamento desde hai 47 años, e a súa orixe ven dada polo descubrimento en 1962 de cinco pecios de barcos vikingos no fondo da bahía de Copenhague. O grupo descubridor propuxo o proxecto ao Goberno danés configurándose unha entidade publica apoiada por 13 fundacións privadas e 8 institucións públicas. Desenvolve ademais accións dirixidas á conservación e investigación do patrimonio e a cultura marítima vikinga, restauración, ensinanza, visitas e proxectos de cooperación entre outros países. Conta con 142 empregados, teñen un 34% de financiación pública, goberno danés e concello de Roskilde. O resto, un 66% procede das vendas.
Outro dos países cunha importantísima cultura naval é Holanda. O proxecto Bataviawerf emprazado en Lelystad está a piques de cumprir 25 años. A idea de reconstruír o Batavia, un dos mais grandes buques da Armada Holandesa do século XVII partiu do capitán Willen Boss, tamén carpinteiro de ribeira.O Bataviawerf sufraga o seu presuposto mediante vendas, fondos de fundacións públicas, privadas e patrocinios. Tamén en Holanda creouse o Zuiderzeenmuseum que en 2008 cumpriu 60 anos. Trata da reprodución dunha mariña entre os anos 1880 e 1930, con voluntarios ataviados de época, e se poden visitar as casas, coñecer os modos de vida e oficios dun antigo barrio de pescadores. A financiación é maioritariamente pública
En Port-Musee Douarneenz, en Francia, vila bretona de tradición pesqueira, iniciou a reconversión cara o turismo cultural ante a crises do sector. A partires desta iniciativa, nos anos 70, as institucións asumiron un programa de recuperación e reconstrución de embarcacións tradicionais que se ubicaron para a súa exposición nun dos tres portos da localidade. Por outra banda, en Hermione-Rochefor impulsaron o proxecto de recuperación da nave da Libertad (a Fragata L´Hermione) hai mais de 20 anos. Trátase dunha construción nun asteleiro visitable, que recibiu a visita de mais de 3 millóns de persoas desde o inicio da construción da fragata. Se financia de fondos públicos e privados.
En España, no País Vasco, existen tamén institucións, como o concello de Pasaia, a través da Axencia de Desenvolvemento Comarcal e o Centro de Construción e Investigación de Embarcacións Tradicionais Ontziola, donde a Asociación Albaola leva construídos nos últimos dez anos, ata 8 replicas de embarcacións tradicionais vascas. Proxectos financiados ao 100% con diñeiro, non só do concello, senón tamén dos departamentos de Pesca e Turismo do Goberno Vasco e incluso de fondos europeos.
En Guipuzkoa, a Deputación creou o Museo Naval de San Sebastián hai 18 anos, en donde a deputación aporta un 25%, en Bizkaia, as institucións vascas están no Patronato do Museo marítimo Ría de Bilbao. Tamén hai concellos costeiros que recuperaron embarcacións tradicionais e están traballando e invertindo neste senso. Lekeitio recuperou un Faro e a deputación de Bizkaia financiou a transformación dun dos últimos pesqueiros vascos de madeira nun galeón do século XVII. Finalmente en Andalucía a Fundación Nao Victoria, co apoio do goberno andaluz e diversos patrocinadores particulares, constrúe o galeón Andalucía.
A Consellería do Mar e Portos de Galicia apostan polo seu compromiso coa carpintería de ribeira e co riquísimo patrimonio cultural marítimo de Galicia, dirixindo unha iniciativa como é a construción desta goleta que suporá uns dous anos de traballo artesanal, promoverá a divulgación da cultura náutica e patrimonio marítimo entre os nenos e maiores, e poderá ser visitada durante todo o proceso de construción nunha instalación adaptada.