FOTO: RTVE
O presidente da Xunta avanza que si o Goberno central recorta 240 millóns de euros máis dos fondos de cooperación a Xunta exercerá as súas competencias e levará o Goberno ao xulgado -El presidente de la Xunta de Galicia avanza que si el Gobierno central recorta 240 millones de euros más de los fondos de cooperación, la Xunta ejercerá sus competencias y llevará al gobierno al juzgado.
Feijóo garantiza que la Xunta actuará en defensa de los intereses generales de Galicia si el gobierno español incumple el acuerdo de financiación y ejecuta el nuevo recorte de 240 millones de euros
FEIJÓO GARANTE QUE A XUNTA ACTUARÁ EN DEFENSA DOS INTERESES XERAIS DE GALICIA SE O GOBERNO DE ESPAÑA INCUMPRE O ACORDO DE FINANCIAMENTO E FAI UN NOVO RECORTE DE 240 MILLÓNS DE EUROS
- Reitera que o acordo de financiamento “está para ser cumprido”, e cualifica de “sorprendente” que o Goberno nin tan sequera cumpra “un mal acordo de financiamento” e lle retire a Galicia preto de 240 millóns de euros
- Asegura que a postura do Goberno central “confirma que as contas do Estado se están cadrando a costa das contas das comunidades autónomas e que están buscando aos presidentes autonómicos para facer un recorte social a través das comunidades autónomas”
- “Nós estamos cumprindo os acordos do Consello de Política Fiscal e Financeira e a Lei de estabilidade orzamentaria -asegura-, o que non a cumpre e quen introduciu España no maior déficit público de Europa e no maior índice de desemprego de Europa é a política económica do Goberno de España”, subliña
Santiago, 23 de setembro de 2010.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, advertiu hoxe que a Xunta actuará “en defensa dos intereses xerais de Galicia” se o Goberno de España incumpre o acordo de financiamento autonómico e recorta o fondo de cooperación. “Se se confirma que vai haber un recorte, sobre o recorte xa anunciado, de 240 millóns de euros máis, por suposto que a Xunta de Galicia, no exercicio das súas competencias e en defensa dos intereses xerais de Galicia, levará o Goberno de España ao xulgado”.
Así o remarcou na rolda de prensa posterior á reunión do Consello, onde advertiu que o Goberno central “ameaza outra vez con incumprir o acordo de financiamento e non trasladar os fondos de cooperación pactados e blindados”, o que supón un novo recorte de máis de 240 millóns de euros, precisou.
O presidente da Xunta reiterou que o acordo de financiamento “está para ser cumprido”, e cualificou de “sorprendente” que o Goberno nin tan sequera cumpra “un mal acordo de financiamento” e lle retire a Galicia preto de 240 millóns de euros.
Por iso, aseverou que, de confirmarse que esta ameaza se converte en realidade na entrega dos orzamentos xerais do Estado ao Congreso dos Deputados, o Goberno galego “actuará en defensa dos intereses xerais de Galicia reclamando o que é noso e denunciando ao Goberno de España”. “Gustaríame que esta ameaza non deixe de ser iso, unha simple ameaza; pero, de confirmarse ese recorte, a Xunta actuará en consecuencia”, reiterou.
Acometer un recorte social a través das comunidades autónomas
A postura do Goberno, segundo Feijóo, pon de manifesto que as contías transferidas no marco deste acordo no ano 2010 non son agora válidas para o vindeiro ano 2011. “Confírmase que as contas do Estado se están cadrando a costa das contas das comunidades autónomas, e que están buscando aos presidentes autonómicos para facer un recorte social a través das comunidades autónomas”, insistiu. “Trátase de centrifugar os recortes sociais do Goberno de España tamén nos gobernos autonómicos”.
Feijóo considerou que a política económica do déficit público é responsabilidade do presidente do Goberno de España. “Nós estamos cumprindo os acordos do Consello de Política Fiscal e Financeira e estamos cumprindo a Lei de estabilidade orzamentaria -asegurou-, o que non a cumpre e introduciu España no maior déficit público de Europa e no maior índice de desemprego de Europa é a política económica do Goberno de España”, concluíu.
